A Agrupación Cultural Francisco Lanza debe o seu nome ao destacado galeguista, xornalista e escritor Francisco Lanza Álvarez, nado en Ribadeo no ano 1892, membro do Seminario de Estudos Galegos e autor de libros como Ribadeo Antigo e Falan os de Ribadeo.

Ten a súa orixe na Feira do Libro Galego de Ribadeo, celebrada anualmente desde 1969. En 1971 rexístranse os estatutos da Asociación. Os seus obxectivos son a dignificación e desenvolvemento e difusión da cultura galega, en sentido amplo, da cultura local, así como a defensa da lingua galega.

Anualmente promove debates e presentación de libros, viaxes, a celebración das Letras Galegas, Xornadas de Historia Local, Palabras no Balcón, concertos…

NOVAS

ACTIVIDADES

1 Set
O imperio industrial de Damián López (DALO)
10:28 a.m.
1 SET
Homenaxe a Antón Fraguas
01:58 p.m.