A emigración galega a debate no Café Cultural Auriense

  • Posted by Admin
  • On 23 Outubro, 2019
  • 0 Comments

Café Cultural Auriense acolle mañá 26 de novembro, ás 20:00 horas, unha palestra-debate sobre a emigración galega.

A actividade forma parte da campaña que a Plataforma Vía Galega está a organizar por todo o país.

É incuestionábel a riqueza da Galiza. Quer no plano ecolóxico, quer no plano xeográfico, Galiza é unha das nacións que conta cun dos territorios máis fértiles e produtivos de Europa. Malia o cambio climático o noso país segue a demostrar unha capacidade de resistencia extraordinaria. Contamos cunha costa e un interior cheos de potencial. Con todo, milleiros de persoas foron marchando da nosa Terra desde hai séculos. A coñecida como “emigración galega” (forma normalizada para referir o éxodo do noso pobo) é unha realidade estrutural, que non garda relación directa coa riqueza do noso chan e a capacidade de traballo e produtiva das nosas xentes; senón que ten a ver coa falta dunha realidade xurídico-político-administrativa, é dicir, dun Estado, ao servizo da nosa Terra e das nosas xentes. A dependencia política da Galiza, en chave colonial, ten posto o noso territorio e o noso capital humano ao servizo de intereses foráneos, nomeadamente da especulación capitalista.