Letras galegas 2020: Fai a túa lectura

Letras galegas 2020: Fai a túa lectura

  • Publicado por gzcultura
  • En 14 Maio, 2020
  • 0 Comentarios

A Asociación Cultural “Vagalumes” convoca a celebrar o día das letras galegas mesmo nas condicións que estamos a sufrir. A emerxencia sanitaria impide o desenvolvemento da nosa cultura en liberdade ao mesmo tempo que as políticas do actual goberno galego de exclusión da nosa lingua e de desprezo pola nosa cultura está tamén a limitar o florecemento de todas as expresións do noso idioma.

Por iso, é máis necesario que nunca seguir a conmemorar as nosas manifestacións literarias. Non podemos deixar pasar a dedicación a Carvalho Calero das letras galegas deste ano sen o seu debido recoñecemento. Sobre todo despois de décadas de inxusto relegamento.

Para iso desde a Asociación Cultural “Vagalumes” facemos un chamamento a que cadaquén amose a súa lectura de Carvalho Calero. Ben da súa obra, ben da súa opinión sobre a súa vida e o seu labor investigador, etc…

Para iso convidámoste a que compartas un vídeo con nós até o 17 de maio para difundir nas redes enviando ao noso enderezo: a.c.vagalumes@tabeirosmontes.com

Achegamos textos de Ricardo Carvalho Calero por se alguén quixera escoller algún destes treitos para o cal pediríamos que previamente nos fose comunicado para así mellor evitar reiteracións.