Visita guiada á mostra “13 Estampas da Traizón”

Visita guiada á mostra “13 Estampas da Traizón”

  • Posted by Admin
  • On 5 Outubro, 2019
  • 0 Comments

O próximo xoves 10 de outubro ás 18:15h a Asociación Musical Solfa realizará unha visita guiada á mostra “13 Estampas da Traizón” que se exhibe nas salas do Pazo de Fonseca da USC, situado ao remate da rúa do Franco, preto da praza do Obradoiro..
A exposición está organizada pola Fundación Luís Seoane e a Universidade de Santiago e comisariada por Mª Antonia Pérez que será a persoa que nola explique. Céntrase na participación de Luís Seoane na campaña de propaganda de guerra levada a cabo pola II República e orientada cara ao exterior, así como na intervención que nesa campaña tiveron outros artistas galegos exiliados en Arxentina, como Castelao ou Maruja Mallo.

É de interese visitar esta mostra porque veremos os primeiros pasos na plástica dun pintor, Luís Seoane, que desde a década de 1960 ten obra nos mellores museos do mundo, pola considerábel “presencia” nela de Castelao ou porque recupera a nosa terxiversada e silenciada memoria histórica e permite constatar o papel senlleiro que tiveron os artistas galegos na propaganda internacional que realizou a II República.

Prego confirmación ben no correo luciacarreira@mundo-r.com ou no teléfono 676675030. Seguro que vos interesará.