ASOCIACIÓNS

Novas

Visita guiada a exposición sobre Nós na Coruña
Published 6 Febreiro, 2020 in A.C AGRA
O vindeiro 13 de febreiro a Asociación Veciñal Agra organiza unha visita guiada a exposición Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia, durante a súa estadía na Coruña. Cartaz do evento A visita comeza ás 19:30 na sala municipal de exposicións Salvador... ler máis ...
Dereito a saber. Liberdade de investigar e divulgar
Published 6 Febreiro, 2020 in Galiza Cultura
O próximo xoves, 13 de febreiro de 2020, o Vide Vide acollerá a partir das 20:30 a palestra Dereito a saber. Liberdade de investigar e divulgar, organizada pola Asociación Cultural O Galo, integrante da Federación Galiza Cultura, a cargo de Antón Mascato. Cartaz... ler máis ...
Debate: O barrio como realidade social
Published 4 Febreiro, 2020 in A.C AGRA
O vindeiro 11 de febreiro ás 20:00 a Asociación Veciñal Agra organiza un Parladoiro, un debate aberto que nesta ocasión leva como tema Os movementos sociais, o barrio como realidade social. Cartaz do evento O debate estará coordinado por Moncho Branco, con información de... ler máis ...
Esgotadas as prazas 2019/2020 para os clubes de leitura
Published 24 Xaneiro, 2020 in Galiza Cultura
Imaxe de 024-657-834 en Pixabay Os dous clubes de leitura da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, integrada na Federación Galiza Cultura, xa esgotaron as súas prazas para o 2019/2020. Tanto o clube de leitura sobre literatura universal coma o club de lecturas feministas anunciaron que... ler máis ...
A Exposición "Nós de onte a hoxe" chega a Coruña
Published 23 Xaneiro, 2020 in Galiza Cultura
A Federación Galiza Cultura inaugurará o próximo día 29 de xaneiro a exposición Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia, na Sala de Exposicións Salvador de Madariaga, na Coruña, coa colaboración da A.C. Alexandre Bóveda, integrada na Federación Galiza Cultura. Visita... ler máis ...
Antonio Fraguas: O nacionalista que puido ser alcalde da Estrada
Published 20 Xaneiro, 2020 in A.C. Vagalumes
Artigo de Xoán Carlos Garrido Couceiro Antonio Fraguas, segundo pola esquerda, nunha homenaxe que lle tributaron os seus exalumnos nos anos 60 polo aniversario do Instituto A relación de Antonio Fraguas coa Estrada é circunstancial, mais será determinante na vida deste militante galeguista que... ler máis ...
Reivindicarmos Carvalho Calero en Compostela
Published 17 Xaneiro, 2020 in A.C. O Galo
Para celebrarmos que este ano as Letras se adican a Ricardo Carvalho Calero, a A.C. O Galo organiza unha palestra-presentación baixo o título Reivindicarmos Carvalho Calero, baseándose na obra colectiva Hei de entrar no meu povo: Reivindicarmos Carvalho Calero, Edicións Embora, 2019. O... ler máis ...
Vídeo: As navallas de M.M.
Published 14 Xaneiro, 2020 in Galiza Cultura
O Grupo Audiovisual da Federación Galiza Cultura presenta este vídeo: As navallas de M.M. ler máis ...
O clube de leitura analiza "As estacións do lobo"
Published 11 Xaneiro, 2020 in Galiza Cultura
Aínda que a proposta de lectura era As estacións do lobo de María Reimóndez, outras historias precedentes desta saga “ouvearon” tamén con forza alí. En vías de extinción -orixe do ciclo- eAs cousas que non queremos oír -cuarta entrega, parcialmente ambientada en... ler máis ...
Actividades de Agra o primeiro semestre do ano
Published 10 Xaneiro, 2020 in A.C AGRA
Dende a Asociación Veciñal da Agra do Orzán xa temos lista a nosa programación para o primeiro semestre deste 2020, cunha ampla oferta de actividades para toda a veciñanza do barrio e quen nos queira acompañar. Ademais das actividades os sete días da... ler máis ...
Nova etapa do Grupo de Audiovisuais
Published 10 Xaneiro, 2020 in Galiza Cultura
O Grupo de Audiovisuais de Galiza Cultura bota de novo a andar neste ano 2020. Faino desde a experiencia humilde e modesta adquirida durante a andaina de 2019. De xeito sistemático e continuado fomos realizando as nosas sesións de traballo formativo que,... ler máis ...
Presentación "A síndrome de Hayworth"
Published 10 Xaneiro, 2020 in Galiza Cultura
A Pomba do Arco de Foz presenta o venres 17 de xaneiro o libro A síndrome de Hayworth –editorial Medulia- de Natalia Ramos Alonso, periodista focense natural de Vilaronte. Este libro é a obra gañadora do premio O Facho 2019 de poesia, xulgado... ler máis ...
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11
Placeholder
Placeholder
Placeholder
Placeholder

Actividades

Compañeiro Carlos Parrado, sempre na nosa memoria
Published 11/27/2022 in A.C AGRA
Data da Actividade: 1 Decembro, 2022
Galiza en NO-DO. Anos 60-70
Published 11/10/2022 in A.C AGRA
Data da Actividade: 11 Novembro, 2022
Festival A fonética dos corpos 2022
Published 10/13/2022 in A.C AGRA
Data da Actividade: 20 Outubro, 2022
Gosto de vivir a poesía de Chus Pato
Published 9/28/2022 in A.C AGRA
Data da Actividade: 29 Setembro, 2022
Onde caben dous, caben cinco
Published 9/16/2022 in A.C AGRA
Data da Actividade: 21 Setembro, 2022
1888. Señorita Xulia
Published 7/8/2022 in A.C AGRA
Data da Actividade: 28 Xullo, 2022
CURSOS DE VERÁN INTERXERACIONAIS: BAILE TRADICIONAL e/ou PANDEIRETA
Published 6/7/2022 in A.C AGRA
Data da Actividade: 1 Xullo, 2022
Coa música tradicional hoxe
Published 6/27/2022 in A.C AGRA
Data da Actividade: 1 Xullo, 2022

BOLETÍN DE NOVAS

Queres estar ó dia das actividades desenvolta pola Federación Galiza Cultura e os colectivos que a forman?
Suscríbete de balde ás nosas novas!

Loading

INSCRIBIDE A VOSA ASOCIACIÓN

Participas nunha asociación e queredes formar parte de Galiza Cultura?

CREA A TUA ASOCIACIÓN

Queres crear unha asociación e non sabes como?
Contáctanos e axudámoste

A obra completa de Manuel Lourenzo xa dispoñíbel

A Federación de asociacións culturais Galiza Cultura pode avanzar que finalizamos a edición da obra completa de Manuel Lourenzo e xa está dispoñíbel.

Desde hai algo máis de tres anos estamos co labor da súa edición. Coa propia colaboración de Manuel Lourenzo, facendo as correccións precisas, achegas documentais inéditas, mesmo traspapeladas ou esquecidas no seu arquivo persoal, e participando activamente na construción estrutural desta magna obra e coa axuda no proceso, aliás a súa corrección lingüística e corrección de forma, da profesora Cilla Lourenço Módia, fumos quen de ter preparados sete tomos onde se recollen unha parte importante dos 60 anos de historia do teatro contemporáneo galego, co único obxectivo de poñer a disposición das distintas compañías teatrais galegas para a súa representación e para goce do público en xeral, tanto como espectador coma lector, nunha acción estratéxica de fomento e creación da cultura e de protección, difusión, conservación e posta en valor do noso patrimonio cultural. Un compendio de obras que chega a cerca dos 300 títulos.

Cada un dos sete tomos acubilla en torno das 800 páxinas que van plasmando de xeito cronolóxico a produción dramática de Manuel Lourenzo. Todos, xa, formarán parte do patrimonio colectivo da cultura galega, sendo o noso obxectivo dar traslado deles a cantas máis persoas, entidades, asociacións, colectivos, administracións e centros de ensino para o coñecemento xeral da dramaturxia contemporánea galega.

Deste xeito, a través do noso correo electrónico [federacion-arroba-galizacultura.gal], todas aquelas persoas interesadas en adquirir esta obra poderán escribirnos e procederemos a facilitar as indicacións precisas de como adquirir estes sete volumes.
... Ver MáisVer Menos

Visto no Facebook

Embárganos unha profunda dor polo pasamento de Saleta Goi, referente da nosa cultura, colaboradora incansábel do noso tecido cultural, amiga e, sobre todas as cousas, unha muller brava que facía do noso mundo un mundo mellor.
Nunca serás esquecida.
Que a terra che sexa leve.
... Ver MáisVer Menos

Visto no Facebook

Xornada de festa mais tamén de traballo en Outeiro de Rei.

A Casa-Museo Manuel María acolleunos, doutra volta, no IX Convivio da Cultura galega. E entre as máis 20 entidades que hoxe conformamos a Federación aproveitamos para poñer en comun proxectos e gozar dunha festa xa tradicional.

Comezamoa cedo, primeiro cunha benvida dos Birloque Gaiteiros ás 11 horas para logo, ás 11.45 realizar a cumprida ofrenda a Manuel María no cemiterio de Outeiro, continuada coa actuación da banda de música Sons e Soños, de Rábade, Begonte, Outeiro e Friol, dirixida por Armando Morales e acompañada da voz de Uxía, e máis celebrar unha reunión das entidades que conforman a Federación onde puxemos en comun traballos e obxectivos.

A seguir houbo o xantar de confraternidade, que deu pé á foliada, na que participaron os grupos Parabéns, Xurxo Souto e Richi Casás, Tradivivas Agra, Birloque Gaiteiros, Arinhos do Fiouco e Foliadeir@s do Castro. Unha festa que estivo conducida por Xurxo Souto.

O dia acompañou e todas as persoa participantes, despois de dous anos condicionados pola pandemia da Covid-19, puidemos participar dun dos convivios máis agardados dos últimos tempos.

Como diría o condutor da foliada... MEDRE A CULTURA GALEGA!
... Ver MáisVer Menos

Visto no Facebook