ASOCIACIÓNS

Novas

Ola mundo!
Published 6 Novembro, 2019 in A.C. Alexandre Bóveda
Bienvenido a Galiza Cultura. Esta es tu primera entrada. Edítala o bórrala, ¡y comienza a escribir! ler máis ...
Outra Actividade
Published 6 Novembro, 2019 in A.C. Alexandre Bóveda
Isto é un texto de exemplo para unha actividade ler máis ...
Trata de persoas e violencia sexual: as outras caras da violencia de xénero
Published 25 Novembro, 2019 in A.C. Alexandre Bóveda
O venres, 29 de novembro, ás 20 horas, Teresa Rodríguez Montañés, ofrece no noso local unha palestra baixo o título Trata de persoas e violencia sexual: as outras caras da violencia de xénero. Falar de violencia de xénero adoita ser equivalente a falar de mulleres mortas ou maltratadas... ler máis ...
Visita guiada á mostra “13 Estampas da Traizón”
Published 5 Outubro, 2019 in A.C.M. Solfa
O próximo xoves 10 de outubro ás 18:15h a Asociación Musical Solfa realizará unha visita guiada á mostra “13 Estampas da Traizón” que se exhibe nas salas do Pazo de Fonseca da USC, situado ao remate da rúa do Franco, preto da praza do Obradoiro.. A... ler máis ...
Ecofeminismo: tecedeiras de redes
Published 24 Novembro, 2019 in A.C. Alexandre Bóveda
Na quarta-feira 27 ás 20 h, María Castelo, politóloga e activista ecofeminista, e Begonha De Bernardo Minho, engenheira agrónoma e activista, dentro do ciclo Para estar no mapa do mundo, falarão de Ecofeminismo: tecedeiras de redes. Se vermos as atividades e cuidados necessários para a vida como um fio, as... ler máis ...
Centenario da II Asemblea das Irmandades da Fala em Compostela
Published 10 Novembro, 2019 in A.C. O Galo
Para celebrarmos o centenario da II Asemblea das Irmandades da Fala, na Libraría Couceiro, o mércores 13 de novembro ás 19.30 horas, o profesor e doutor Emilio Xosé Ínsua disertará sobre esta efeméride. A conferencia xirará arredor do contexto, desenvolvemento e significado da segunda Asemblea Nacionalista, celebrada... ler máis ...
Aberto o prazo de matrícula na Escola de Música de Solfa curso 2019/2020
Published 30 Agosto, 2019 in A.C.M. Solfa
Do día 12 ao 24 de setembro, de 17.00 a 18.00h atenderemos no Centro Sociocultural das Fontiñas a todas as persoas que queiran formar parte da Banda de Música ou Grupo instrumental, Coro de adultos, Pandeireta, Baile tradicional ou recibir clases individuais de instrumentos: clarinete, saxo,... ler máis ...
Homenaxe a Antón Fraguas
Published 26 Agosto, 2019 in A. C. Francisco Lanza
Lembramos a Antón Fraguas entre todas e todos, co especial acompañamento do grupo musical Tundal. O próximo domingo, día 1 de setembro, ás 19 h, no Teatro. ler máis ...
Encontro poético con Medos Romero
Published 16 Novembro, 2019 in A.C. O Galo
O mércores día 20.11.2019, ás 19:30h na libraría Couceiro de Compostela, a poeta Medos Romero impartirá una palestra que se intitula: "Memoria e vivencias: encontro poético con Medos Romero". Explicará a súa evolución poética, recitará poemas "inspirados" en feitos relacionados coa guerra civil, coa cuestión feminina e... ler máis ...
IV Mostra de Teatro Escolar Olimpio Arca Caldas na Estrada
Published 20 Novembro, 2019 in A.C. Vagalumes
A Asociación Cultural Vagalumes organiza a cuarta edición da Mostra de Teatro Escolar Olimpio Arca Caldas o martes 26 de novembro ás 18:30 no Teatro Principal da Estrada. Na Mostra participarán cinco entidades educativas con cadansúa obra: CEIP Cabada Vázquez de Codeseda, CEIP Pérez Viondi, CEIP Figueroa, CEIP... ler máis ...
XXII Certame Internacional de Regueifas en Vigo
Published 12 Decembro, 2019 in Asociación Oral
XXII Certame Internacional de Regueifas en Vigo
A Asociación ORAL presenta o seu XXII Certame Internacional de Regueifas, que se celebrará no Centro Veciñal e Cultural de Valladares de Vigo o 14 e 15 de decembro e ao que convida a todas as persoas arredor da improvisación oral. O Certame inclúe prácticas de... ler máis ...
Presentación dun libro sobre Carvalho Calero en Ferrol
Published 1 Decembro, 2019 in S.C. Medulio
A Sociedade Cultural Medulio presenta o 3 de decembro o libro Ricardo Carvalho Calero: a ciencia o servizo da nación, escrito póla profesora honorária da Universidade da Coruña e da Universidade Sênior Maria Pilar García Negro. Neste libro fai un repaso ao traballo científico do autor homenaxeado... ler máis ...
1 2 3 4 5 6 7 8 9
Placeholder
Placeholder
Placeholder
Placeholder

Actividades

Cantares dos maios
Published 4/18/2024 in A.C AGRA
8/23/1970
Data da Actividade: 3 Maio, 2024
Indóciles. Luísa Villalta a escena
Published 4/18/2024 in A.C AGRA
8/23/1970
Data da Actividade: 3 Maio, 2024
Falamos? A felicidade
Published 3/29/2024 in A.C AGRA
8/23/1970
Data da Actividade: 8 Abril, 2024
Axudádeme a cantar: episodios 4,5 e 6
Published 3/29/2024 in A.C AGRA
8/23/1970
Data da Actividade: 5 Abril, 2024
Dúo Vaguedades e Mulleres con voz
Published 3/29/2024 in A.C AGRA
8/23/1970
Data da Actividade: 4 Abril, 2024
A represión franquista das mulleres na comarca de Sarria
Published 3/16/2024 in A.C AGRA
8/23/1970
Data da Actividade: 21 Marzo, 2024
Gosto de vivir a poesía por unha Palestina Libre
Published 3/6/2024 in A.C AGRA
8/23/1970
Data da Actividade: 19 Marzo, 2024
A saúde mental na sanidade pública
Published 3/1/2024 in A.C AGRA
8/23/1970
Data da Actividade: 14 Marzo, 2024

BOLETÍN DE NOVAS

Queres estar ó dia das actividades desenvolta pola Federación Galiza Cultura e os colectivos que a forman?
Suscríbete de balde ás nosas novas!

Loading

INSCRIBIDE A VOSA ASOCIACIÓN

Participas nunha asociación e queredes formar parte de Galiza Cultura?

CREA A TUA ASOCIACIÓN

Queres crear unha asociación e non sabes como?
Contáctanos e axudámoste

Estreamos na Coruña o proxecto expositivo 'Xaquín Marín, humor líquido galego'Este vindeiro sábado 20 de abril, as 19 horas, na Fundación Luís Seoane da Coruña (rúa San Francisco, 27) faremos a estrea do proxecto expositivo ‘Xaquín Marín, humor líquido galego’ da nosa programación de actividades ao redor da obra do pintor, humorista gráfico, creador de banda deseñada, cartelista, ilustrador e muralista que desenvolvemos baixo o título ‘Xaquín Marín alén das viñetas’.Este proxecto de selección, que permanecerá aberto na cidade herculina até o 19 de maio, e no que vimos traballando desde 2022, consta de aproximadamente 150 obras e é, polo tanto, unha oportunidade única, e nunca vista no seu caso, para ter unha imaxe o máis completa posible do universo de ideas e dos procesos creativos dun artista tan polifacético e singular como é Xaquín Marín.Deste xeito, e grazas un traballo minucioso de selección realizado durante este tempo, cun florilexio único e moi escollido, poderemos (re)descubrir os inicios de Xaquín Marín como pintor social e a posterior evolución na procura dunha arte xenuinamente galega, quizais a parte máis descoñecida polo público de toda a súa carreira.Asemade, esta selección dá a posibilidade de repasar o seu vasto traballo no campo do humor gráfico e da banda deseñada e a súa incansable defensa de Galiza e da lingua galega e o seu fondo compromiso cos intereses das galegas e os galegos asistindo ao nacemento de personaxes ou series xa icónicas como Gaspariño, o Pé, Isolino, o cacique Don Augusto, Lixandre, Tonecho, Caitano ou o Xinete, pois a mostra tenta seguir os pasos do seu inabarcable labor, tamén, como ilustrador, cartelista, portadista, muralista, conferenciante, escritor ou divulgador.Nesta mostra teremos o privilexio de ver algúns proxectos do autor que por uns motivos ou outros acabaron nun caixón e permaneceron até o día de hoxe inacabados e/ou inéditos, amosándose por primeira vez ao público, pequenas primicias que completan ao conxunto da obra xa publicada e coñecida.Con todo, o proxecto expositivo quere ser un percorrido retrospectivo pola obra do artista máis, tamén, un percorrido pola nosa propia memoria colectiva como galegas e galegos que vivimos neste “Impaís”, como el mesmo remarcaba, xa que logo Xaquín Marín é o cronista gráfico da Galiza popular dos últimos 60 anos.Esta inauguración será o disparo de saída a unha itinerancia pois logo esta exposición se ten previsto achegar a máis cidades galegas, xa que o obxectivo da escolma realizada é dar a coñecer, ao máximo posíbel da sociedade galega, a vasta obra do autor, ao cal, precisamente, organizabamos en outubro pasado un grande acto nacional de homenaxe en Ferrol, no que participaron as súas compañeiras e os seus compañeiros de profesión, como recoñecemento a esta longa traxectoria profesional e vital.A actividade está financiada grazas ás axudas do programa FO203 de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2024 da Cultura da Deputación da Coruña, e conta coa colaboración do Concello da Coruña. ... Ver MáisVer Menos
Visto no Facebook
Despois da emotiva celebración a #LuísaVillalta realizada nesta pasada cuarta 6 de marzo, continuamos coa nosa activade, desta volta inaugurando o sábado día 9, ás 12 horas, en Ferrol a exposición itinerante '40 anos do Carrabouxo'.Grazas á colaboración da nosa entidade federada a SC Medulio achegamos até o Centro Torrente Ballester (rúa Concepción Arenal s/n) os paneis que acubillan a coidada selección das máis de 15.500 imaxes que ao longo da súa carreira debuxou O Carrabouxo e que nos asoman e lembran, por cada ano, acontecementos de todo este tempo.Poderemos achegarnos a exposición até o 9 de abril, mais este sábado contaremos coa presencia do propio Xosé Lois que nos fará un percorrido pola exposición e explicará as motivacións que o impulsaron a facer cada debuxo... a non perder!A actividade está financiada grazas ás axudas do programa FO203 de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2024 da Área Cultura da Deputación da Coruña, e conta coa colaboración do Concello de Ferrol e a coa colaboración da Deputacion de Ourense. ... Ver MáisVer Menos
Visto no Facebook