ASOCIACIÓNS

Novas

17 de maio: "Desconfinamos o galego"
Published 16 Maio, 2020 in Galiza Cultura
Este 17 de maio, malia todas as limitacións, voltamos a ter unha cita para que o galego non siga confinado. Estas son as actividades que organiza Queremos Galego: Todo o día: Pendura a bandeira galega da túa xanela ou varanda e os cartaces disponíbeis aquí (tamén para... ler máis ...
Letras galegas 2020: Fai a túa lectura
Published 14 Maio, 2020 in A.C. Vagalumes
A Asociación Cultural “Vagalumes” convoca a celebrar o día das letras galegas mesmo nas condicións que estamos a sufrir. A emerxencia sanitaria impide o desenvolvemento da nosa cultura en liberdade ao mesmo tempo que as políticas do actual goberno galego de exclusión... ler máis ...
Lemos "O xardineiro dos ingleses", de Marcos Calveiro
Published 18 Abril, 2020 in Galiza Cultura
Ao Clube de Leitura gustoulle desta obra o xeito de evidenciárense certas figuras femininas da sociedade, amosando así a importancia das mulleres que non se deixan asoballar, coma Delia Cores, loitadora e solidaria, pero tamén a súa tía Olympia, sempre na procura... ler máis ...
Comunicado de Galiza Cultura sobre Carvalho Calero
Published 11 Abril, 2020 in Galiza Cultura
A grave crise que padecemos determinou a suspensión de todos os actos programados en honra do dedicatario do Día das Letras Galegas deste ano 2020, Ricardo Carvalho Calero. A Real Academia Galega decidiu adiar ao 31 de Outubro próximo –en coincidencia co... ler máis ...
O Vello Cárcere anima a cuarentena
Published 18 Marzo, 2020 in Galiza Cultura
A xente de O Vello Cárcere de #Lugo anda a traballar arreo na seguinte "Programación VIRTUAL" polo COVID-19 Toma boa nota: ✅ Todos os días haberá un obradoiro online que achegue a toda a familia as nosas exposicións temporais ou permanentes. ✅ Asemade, ofreceremos contacontos... ler máis ...
Anulada a programación de Galiza Cultura
Published 13 Marzo, 2020 in Galiza Cultura
Por mor do estado de emerxencia decretado pola Xunta de Galiza a causa da pandemia do COVID-19, dende a Federación Galiza Cultura e todas as nosas asociacións suspendemos todos os actos programados dende hoxe até novo aviso. Unha vez normalizada a situación... ler máis ...
"Circe ou o pracer do azul", de Begoña Camaño
Published 7 Marzo, 2020 in Galiza Cultura
Para o Clube de Leitura, Circe ou o pracer do azul non é un texto doado de ler pola súa densidade e polo seu ritmo 'doutra época', onde a velocidade e o fragmentarismo contemporáneos non existen. É unha obra esixente, require o... ler máis ...
A música tradicional Re-vista
Published 7 Marzo, 2020 in Asociación Oral
O Centro Veciñal e Cultural de Valladares organiza coa colaboración da Deputación de Pontevedra a 8a edición de A música tradicional Re-vista, ao longo de marzo, todas as sesións son de balde e comezan ás 18:45 no auditorio do Centro Sociocultural de... ler máis ...
Debate sobre o modelo de financiamento
Published 6 Marzo, 2020 in A.C. O Galo
O vindeiro xoves 12 de marzo a A.C. O Galo organiza un debate sobre o modelo de financiamento das Comunidades Autónomas no Salón de Actos da Faculdade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela, a partir das 18:00... ler máis ...
Proxectan "O canteiro de Sebil" en Arzúa
Published 4 Marzo, 2020 in A.C. Ánxel Casal
A Capela da Madalena de Arzúa acollerá este 14 de marzo ás 20:00 a proxección de O canteiro de Sebil, e un coloquio posterior sobre o documental de Quinteiro do Umia, organizado pola Asociaciòn Ánxel Casal. O filme trata sobre a figura de... ler máis ...
A Pomba do Arco organiza unha excursión a Compostela
Published 4 Marzo, 2020 in A.C A Pomba do Arco
A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o domingo 22 de marzo una excursión a Santiago de Compostela co seguinte programa: 1º)Visita a exposición Galiza, un relato no mundo A exposición Galiza, un relato no mundo instalada na Cidade da Cultura recolle máis... ler máis ...
Curso de introdución a brindos e loias
Published 3 Marzo, 2020 in Asociación Oral
"Este curso está orientado a todo o alumnado en xeral interesado nas peculiaridades propias destes cantos da montaña luguesa. […] Alén de achegármonos ás raíces desta manifestación poética, repararemos na súa distribución xeográfica e nas súas características propias, como as melodías, a... ler máis ...
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12
Placeholder
Placeholder
Placeholder
Placeholder

Actividades

Axudádeme a cantar
Published 3/25/2023 in A.C AGRA
Data da Actividade: 31 Marzo, 2023
Restos do franquismo na Coruña
Published 3/19/2023 in A.C AGRA
Data da Actividade: 23 Marzo, 2023
Nova orde mundial: guerra e control de recursos económicos
Published 2/26/2023 in A.C AGRA
Data da Actividade: 9 Marzo, 2023
Gostamos de vivir a poesía de Tomás Barros
Published 2/26/2023 in A.C AGRA
Data da Actividade: 2 Marzo, 2023
Símbolos nacionais de Galiza: o himno e a bandeira
Published 1/28/2023 in A.C AGRA
Data da Actividade: 16 Febreiro, 2023
As fillas bravas de Momán na Agra
Published 1/17/2023 in A.C AGRA
Data da Actividade: 8 Febreiro, 2023
Gostamos de vivir a poesía de Patricia Torrado Queiruga
Published 1/30/2023 in A.C AGRA
Data da Actividade: 2 Febreiro, 2023
Festival "Por amor á palabra" 2022
Published 12/13/2022 in A.C AGRA
Data da Actividade: 15 Decembro, 2022

BOLETÍN DE NOVAS

Queres estar ó dia das actividades desenvolta pola Federación Galiza Cultura e os colectivos que a forman?
Suscríbete de balde ás nosas novas!

Loading

INSCRIBIDE A VOSA ASOCIACIÓN

Participas nunha asociación e queredes formar parte de Galiza Cultura?

CREA A TUA ASOCIACIÓN

Queres crear unha asociación e non sabes como?
Contáctanos e axudámoste

2 semanas

Galiza Cultura

A Aula Castelao achega na súa XXXIXSemana Galega de Filosofía a arte como medio de expresión do pensamento
 O evento, contará co catedrático de filosofía Francisco Jarauta para o relatorio de apertura “Certamente é estraño que a Terra xa non sexa habitábel!”
 A clausurá estará a cargo do músico e Doutor en Filosofía Santiago Auserón
 Patricia Mayayo, Fermín Muguruza, Sabela Hermida ou pontevedrés Germán Labrador estarán tamén entre os 15 relatores/as que achegarán as súas miradas do 10 ao 14 de abril no Teatro Principal
Pontevedra, 10 de marzo de 2023.- A Aula Castelao de Filosofía presentou esta mañá o cartel e a programación completa da que será a XXXIX edición da Semana Galega de Filosofía, ‘Filosofía e Arte”. No acto ao que asistiron o presidente, Alexandre Cendón, a secretaria Eva Mouriño e Paula Fernández, ademais de desglosar o programa - que seguirá a estructura habitual de mañá, tarde e noite – deuse a coñecer o por que da escolla tanto do cartel coma do tema que centrará esta edición.
Tal e como comentou Cendón sobre a lámina, “Como xa é habitual dende hai moitos anos, o cartel da XXXIX Semana Galega de Filosofía fíxose cunha ilustración de Daniel Rodríguez Castelao. Desta volta escollemos esta imaxe dos músicos porque dalgún xeito representa a liberdade do feito artístico, algo fundamental na concepción da arte na Modernidade e no noso mundo contemporáneo, que ás veces funciona como refuxio expresivo do que non se pode dicir mediante a palabra”
A elección do tema, Filosofía e Arte, débese ao “interese que nos brinda a arte como dimensión definitoria do ser humano xunto coa linguaxe e o pensamento: é unha actividade simbólica que nos acompaña dende o limiar dos tempos, en paralelo ao pensamento e a linguaxe, as outras expresións simbólicas coas que representamos o mundo e a realidade. Deste xeito a arte ábrenos a unha experiencia estética diferente onde cobra importancia unha senlleira interpretación e representación do mundo humano nos seus diferentes ámbitos: social, persoal, político, cultural, natural... Neste sentido, interésanos ollar a arte como un medio de expresión do pensamento, mais tamén doutros contidos alén do mesmo como son as emocións e o irracional. A súa eficacia como vehículo de comunicación ás veces mellora a propia palabra. Por iso tamén queremos reflexionar sobre o papel ou a función que ten a arte na nosa sociedade, ora como produtora de ideoloxías, ora como medio de análise e denuncia,
ao mesmo tempo que nos preguntamos pola mesma función da artista. Non quixemos abordar o tema soamente dende o punto de vista teórico da filosofía da arte, senón que tamén quixemos dar a palabra ás propias artistas para que nos falen da súa actividade creativa e da súa produción artística a partir das súas vivencias individuais e colectivas”
Trala introducción pasaron a debullar o programa, encargándose Alexandre Cendón dos relatorios de mañá, Eva Mouriño das tardes e pechando Paula Fernández cos da noite, xa que o evento manterá a estrutura de palestras ás 10h. da mañá, con maior carga teórica e contido filosófico, nas tardes a partir das 17h. con temática centrada no ámbito de Galicia e sesións de noite ás 20h. cun contido máis xeral, con menor carga filosófica
Mañás: ‘Pensar a arte’ de 10:30 a 13:30
Alexandre Cendón, avanzou que as primeira das mañás, o luns 10 de abril correrá a cargo de Francisco Jarauta, catedrático de Filosofía da Universidade de Murcia co relatorio “Certamente é estraño que a Terra xa non sexa habitábel!”.
O martes 11 será a quenda de Miguel Anxo Rodríguez, Doutor en Historia da Arte, USC con “Os vellos monumentos a outros ollos”
Chegaremos a metada da semana con Patricia Mayayo, Doutora en Historia da Arte, UAM para falar de “Ecofeminismos, ecoloxías queer e transhumanismos: diálogos entre as prácticas artísticas e a ecoloxía”
Catedrático de Estética e Teoría das Artes da Universidade de Málaga, Luis Puelles achegará o seu relatorio sobre “O público e os espectadores. Tensións na xénese do suxeito moderno” e na última das mañás, Andrea Soto, Doutora en Filosofía, profesora de estética e teoría da arte, UAB , falará da “A forza formadora das imaxes”
Tardes: ‘Galiza e a arte’ de 17 a 19:30h
As tardes, asociadas a Galicia botarán a andar o luns da man de María Novas, arquitecta e doutoranda en Historia e Teoría da Arquitectura na Universidade de Sevilla co seu relatorio a “Arquitectura e xénero: sobre a xerarquía de valores na produción de espazos para a vida”
O martes será a quenda de Iria Ribadomar, debuxante, pintora, ilustradora e deseñadora que falará de “Filosofía, arte e rúa. Ferramentas de transformación social ao servizo de quen?”
Outra muller, Sabela Hermida, actriz e Doutora en Artes Escénicas será a encargada o mércores de achegar a súa charla “O existencialismo na vida e na creación artística de María Casares”
A arte da poesía terá cabida xoves 13 da man da poeta Chus Pato con “Un poema pénsase con versos finais”.
Pechará as tardes da semana Germán Labrador, director de Actividades Públicas do Museo Reina Sofía para falar de “Estética e historia. Sobre os imaxinarios políticos da arte na Galicia do século”
Noites: ‘Perspectivas da arte” de 20 a 22h.
O artista visual, Francesc Torres abrirá as sesión de noite da Semana con “CONTRA NATURA. Cando a Historia devén contido artístico ou a imposibilidade (case) de explicar sen decorar”. Continuarán o martes con Remedios Zafra, ensaísta, profesora e investigadora no Instituto de Filosofía do CSIC e o seu relatorio “A humanidade lida polas máquinas” o músico e cineaste Fermin Muguruza chegará o mércores ao Principal para contarnos que “Hai algo aquí que vai mal”. A fotografía estará presente da man do historiados da fotografía e ensaísta, Vítor Vaqueiro con “Fotografía, contemporaneidade e pensamento”
O músico e Doutor e Filosofía Santiago Auserón será o encargado de clausurar as sesións de noite- e polo tanto a Semana - coa “Lección de clausura: A música na Grecia Antiga e a orixe da Filosofía” o venres 14.
A XXXIX Semana Galega de Filosofía está organizada pola Aula Castelao de Filosofía que conta co patrocinio do Concello de Pontevedra, a Universidade de Vigo, a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra - Casa das Campás, a Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia e a colaboración do IES Valle- Inclán.
... Ver MáisVer Menos

Visto no Facebook

4 semanas

Galiza Cultura

MEDULIO E GALIZA CULTURA LEVAN A FERROL A OBRA DE MANUEL LOURENZO

SC Medulio e Galiza Cultura levan a Ferrol a obra de #ManuelLourenzo

Esta cuarta 1 de marzo, a Sociedade Cultural Medulio e a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura presentan en Ferrol a obra completa de Manuel Lourenzo editada pola propia Federación.

Deste xeito, na Capela Torrente Ballester (rúa Concepción Arenal, s/n), desde as 19.30 horas, o actor, director, dramaturgo e grande mestre do teatro galego durante os últimos 60 anos participará na presentación dos volumes, compendio de máis de trescentas obras producidas, realizadas, dirixidas e, mesmo, creadas por el e que son, grazas a esta edición, accesibeis á sociedade galega en xeral, ao sector dramático, cultural e educativo, de xeito particular.

Aliás, a presentación servirá, tamén, para facer unha lectura de dúas das súas pezas teatrais curtas, ‘As Amigas’ e ‘A Terraza’, que completarán a actividade logo de establecer un diálogo co Manuel Lourenzo.

Desde Galiza Cultura agradecemos, como non podería ser doutro xeito, á Sociedade Cultural Medulio, que tamén fai parte da Federación, ser anfitrioa da actividade, a implicación no proxecto de divulgación e proxección pública do compendio da obra de Manuel Lourenzo e o seu traballo na difusión e espallamento desta.

Do mesmo xeito lembrar, que a creación desta obra, que en total suma 7 volumes, non se podería ter ralizado sen a axuda da Área de Cultura da Deputación Cultura da Deputación da Coruña

Na web:
galizacultura.gal/blog/medulio-e-galiza-cultura-levan-a-ferrol-a-obra-de-manuel-lourenzo/
... Ver MáisVer Menos

Visto no Facebook