ASOCIACIÓNS

Novas

Chegan os Ferrados de Letras 2020 a Agra do Orzán
Published 15 Outubro, 2020 in A.C AGRA
Comprácenos informar de que este ano celebraremos Ferrados de Letras 2020 en dúas sesións que comezan ás 19 h. no auditorio do Centro Cultural Ágora: · Venres 16... ler máis ...
Carlos Callón presenta o seu novo poemario
Published 6 Outubro, 2020 in Galiza Cultura
Roxín Roxal, a Asociación Cultural Libre de Paderne, comeza as actividades de outono coa presentación o 8 de outubro ás 19 horas do novo poemario de Carlos Callón Inscricións. “Versos que furan o peito, que mancan. Un libro sobre os mapas da... ler máis ...
Comunicado de Galiza Cultura á Real Academia Galega
Published 30 Setembro, 2020 in Galiza Cultura
A Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura celebrou o pasado sábado, 26 de Setembro de 2020, o convivio cultural, de carácter anual, que reúne representantes de asociacións culturais de toda a Galiza. Sendo anfitrioa, como nos seis anos anteriores, a Casa-Museo Manuel... ler máis ...
Rematamos o verán con "O Hibisco púrpura"
Published 18 Setembro, 2020 in Galiza Cultura
Con esta obra retomamos as xuntanzas do Clube de Leitura, despois da paradiña do verán. Comentamos O hibisco púrpura de Chimamanda Ngozi e Todo canto fomos de Xosé Monteagudo. Primeiro debullamos a obra da autora nixeriana, que co seu relato achegounos á... ler máis ...
Convocada a 7ª edición do Convivio da Cultura Galega
Published 17 Setembro, 2020 in Galiza Cultura
O vindeiro 26 de setembro celebrarase a 7ª edición do Convívio da Cultura Galega en Outeiro de Rei, organizada dende a Federación Galiza Cultura conxuntamente coa Casa-Museo Manuel María. Nas edicións anteriores viñamos celebrando este encontro no segundo sábado do mes de xullo... ler máis ...
O imperio industrial de Damián López (DALO)
Published 1 Setembro, 2020 in A. C. Francisco Lanza
O vindeiro venres ás 20 horas, a Casa da Cultura de Foz acollerá a presentación da revista Nova Ardentía, na que descubriremos máis sobre o imperio industrial de Damián López (DALO). No acto intervirán os autores os artigo: Xosé María Leal Bóveda e... ler máis ...
Percorremos "Galicia, un relato no mundo" con Felipe Senén
Published 27 Xullo, 2020 in Galiza Cultura
Visitamos virtualmente a exposición Galicia, un relato no mundo que se mantivo na Cidade da Cultura até o 12 de abril, mais que posteriormente ofreceu a posibilidade de realizarmos visitas virtuais. Pola nosa parte fixémola “dobremente virtual” no sentido de que puidemos... ler máis ...
Encontro Nacional de San Simón
Published 21 Xullo, 2020 in Galiza Cultura
Un ano máis a Federación Galiza Cultura participou, conxuntamente con outros colectivos, neste encontro que anualmente se celebra na illa de San Simón co fin de loitar pola reparación das consecuencias da represión Franquista, a denuncia da impunidade e a garantía da... ler máis ...
Conmemoración simbólica e restrinxida no cumio do Pico Sacro
Published 17 Xullo, 2020 in Galiza Cultura
O PICO SACRO
Un ano máis as asociacións O Galo e Vagalumes que vimos organizando a lectura do Alba de Gloria no seo da Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura, queremos manter este acto de lembranza do discurso de Castelao sobre a nosa historia e... ler máis ...
Falamos de Carvalho Calero con "A gente da Barreira"
Published 11 Xullo, 2020 in Galiza Cultura
A piques de comenzar o verán, o noso Clube de Leitura reuniuse de novo na horta da Casa de Hortas por mor da pandemia. O grupo tirou moito proveito da posta en común sobre A gente da Barreira, de Ricardo Carvalho Calero. Esta... ler máis ...
Alba de gloria no Pico Sacro
Published 9 Xullo, 2020 in Galiza Cultura
A pesares das circunstancias impostas pola COVID-19, queremos manter este acto de lembranza do discurso de Castelao sobre a nosa historia e a nosa tradición cultural. A Federación Galiza Cultura leva a cabo a conmemoración deste acto desde que no 2011 se... ler máis ...
Voltamos a horta con"Os dados do reloxeiro"
Published 23 Maio, 2020 in Galiza Cultura
Retomamos as xuntanzas presenciais na horta!!! Embozadas, pero máis faladoras ca nunca. O libro deu pé á conversa e ao debate, xa que foi diversa a valoración xeral desta obra ensaística de Xurxo Mariño. A maiores da escasa motivación que nos supón... ler máis ...
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12
Placeholder
Placeholder
Placeholder
Placeholder

Actividades

Axudádeme a cantar
Published 3/25/2023 in A.C AGRA
Data da Actividade: 31 Marzo, 2023
Restos do franquismo na Coruña
Published 3/19/2023 in A.C AGRA
Data da Actividade: 23 Marzo, 2023
Nova orde mundial: guerra e control de recursos económicos
Published 2/26/2023 in A.C AGRA
Data da Actividade: 9 Marzo, 2023
Gostamos de vivir a poesía de Tomás Barros
Published 2/26/2023 in A.C AGRA
Data da Actividade: 2 Marzo, 2023
Símbolos nacionais de Galiza: o himno e a bandeira
Published 1/28/2023 in A.C AGRA
Data da Actividade: 16 Febreiro, 2023
As fillas bravas de Momán na Agra
Published 1/17/2023 in A.C AGRA
Data da Actividade: 8 Febreiro, 2023
Gostamos de vivir a poesía de Patricia Torrado Queiruga
Published 1/30/2023 in A.C AGRA
Data da Actividade: 2 Febreiro, 2023
Festival "Por amor á palabra" 2022
Published 12/13/2022 in A.C AGRA
Data da Actividade: 15 Decembro, 2022

BOLETÍN DE NOVAS

Queres estar ó dia das actividades desenvolta pola Federación Galiza Cultura e os colectivos que a forman?
Suscríbete de balde ás nosas novas!

Loading

INSCRIBIDE A VOSA ASOCIACIÓN

Participas nunha asociación e queredes formar parte de Galiza Cultura?

CREA A TUA ASOCIACIÓN

Queres crear unha asociación e non sabes como?
Contáctanos e axudámoste

2 semanas

Galiza Cultura

A Aula Castelao achega na súa XXXIXSemana Galega de Filosofía a arte como medio de expresión do pensamento
 O evento, contará co catedrático de filosofía Francisco Jarauta para o relatorio de apertura “Certamente é estraño que a Terra xa non sexa habitábel!”
 A clausurá estará a cargo do músico e Doutor en Filosofía Santiago Auserón
 Patricia Mayayo, Fermín Muguruza, Sabela Hermida ou pontevedrés Germán Labrador estarán tamén entre os 15 relatores/as que achegarán as súas miradas do 10 ao 14 de abril no Teatro Principal
Pontevedra, 10 de marzo de 2023.- A Aula Castelao de Filosofía presentou esta mañá o cartel e a programación completa da que será a XXXIX edición da Semana Galega de Filosofía, ‘Filosofía e Arte”. No acto ao que asistiron o presidente, Alexandre Cendón, a secretaria Eva Mouriño e Paula Fernández, ademais de desglosar o programa - que seguirá a estructura habitual de mañá, tarde e noite – deuse a coñecer o por que da escolla tanto do cartel coma do tema que centrará esta edición.
Tal e como comentou Cendón sobre a lámina, “Como xa é habitual dende hai moitos anos, o cartel da XXXIX Semana Galega de Filosofía fíxose cunha ilustración de Daniel Rodríguez Castelao. Desta volta escollemos esta imaxe dos músicos porque dalgún xeito representa a liberdade do feito artístico, algo fundamental na concepción da arte na Modernidade e no noso mundo contemporáneo, que ás veces funciona como refuxio expresivo do que non se pode dicir mediante a palabra”
A elección do tema, Filosofía e Arte, débese ao “interese que nos brinda a arte como dimensión definitoria do ser humano xunto coa linguaxe e o pensamento: é unha actividade simbólica que nos acompaña dende o limiar dos tempos, en paralelo ao pensamento e a linguaxe, as outras expresións simbólicas coas que representamos o mundo e a realidade. Deste xeito a arte ábrenos a unha experiencia estética diferente onde cobra importancia unha senlleira interpretación e representación do mundo humano nos seus diferentes ámbitos: social, persoal, político, cultural, natural... Neste sentido, interésanos ollar a arte como un medio de expresión do pensamento, mais tamén doutros contidos alén do mesmo como son as emocións e o irracional. A súa eficacia como vehículo de comunicación ás veces mellora a propia palabra. Por iso tamén queremos reflexionar sobre o papel ou a función que ten a arte na nosa sociedade, ora como produtora de ideoloxías, ora como medio de análise e denuncia,
ao mesmo tempo que nos preguntamos pola mesma función da artista. Non quixemos abordar o tema soamente dende o punto de vista teórico da filosofía da arte, senón que tamén quixemos dar a palabra ás propias artistas para que nos falen da súa actividade creativa e da súa produción artística a partir das súas vivencias individuais e colectivas”
Trala introducción pasaron a debullar o programa, encargándose Alexandre Cendón dos relatorios de mañá, Eva Mouriño das tardes e pechando Paula Fernández cos da noite, xa que o evento manterá a estrutura de palestras ás 10h. da mañá, con maior carga teórica e contido filosófico, nas tardes a partir das 17h. con temática centrada no ámbito de Galicia e sesións de noite ás 20h. cun contido máis xeral, con menor carga filosófica
Mañás: ‘Pensar a arte’ de 10:30 a 13:30
Alexandre Cendón, avanzou que as primeira das mañás, o luns 10 de abril correrá a cargo de Francisco Jarauta, catedrático de Filosofía da Universidade de Murcia co relatorio “Certamente é estraño que a Terra xa non sexa habitábel!”.
O martes 11 será a quenda de Miguel Anxo Rodríguez, Doutor en Historia da Arte, USC con “Os vellos monumentos a outros ollos”
Chegaremos a metada da semana con Patricia Mayayo, Doutora en Historia da Arte, UAM para falar de “Ecofeminismos, ecoloxías queer e transhumanismos: diálogos entre as prácticas artísticas e a ecoloxía”
Catedrático de Estética e Teoría das Artes da Universidade de Málaga, Luis Puelles achegará o seu relatorio sobre “O público e os espectadores. Tensións na xénese do suxeito moderno” e na última das mañás, Andrea Soto, Doutora en Filosofía, profesora de estética e teoría da arte, UAB , falará da “A forza formadora das imaxes”
Tardes: ‘Galiza e a arte’ de 17 a 19:30h
As tardes, asociadas a Galicia botarán a andar o luns da man de María Novas, arquitecta e doutoranda en Historia e Teoría da Arquitectura na Universidade de Sevilla co seu relatorio a “Arquitectura e xénero: sobre a xerarquía de valores na produción de espazos para a vida”
O martes será a quenda de Iria Ribadomar, debuxante, pintora, ilustradora e deseñadora que falará de “Filosofía, arte e rúa. Ferramentas de transformación social ao servizo de quen?”
Outra muller, Sabela Hermida, actriz e Doutora en Artes Escénicas será a encargada o mércores de achegar a súa charla “O existencialismo na vida e na creación artística de María Casares”
A arte da poesía terá cabida xoves 13 da man da poeta Chus Pato con “Un poema pénsase con versos finais”.
Pechará as tardes da semana Germán Labrador, director de Actividades Públicas do Museo Reina Sofía para falar de “Estética e historia. Sobre os imaxinarios políticos da arte na Galicia do século”
Noites: ‘Perspectivas da arte” de 20 a 22h.
O artista visual, Francesc Torres abrirá as sesión de noite da Semana con “CONTRA NATURA. Cando a Historia devén contido artístico ou a imposibilidade (case) de explicar sen decorar”. Continuarán o martes con Remedios Zafra, ensaísta, profesora e investigadora no Instituto de Filosofía do CSIC e o seu relatorio “A humanidade lida polas máquinas” o músico e cineaste Fermin Muguruza chegará o mércores ao Principal para contarnos que “Hai algo aquí que vai mal”. A fotografía estará presente da man do historiados da fotografía e ensaísta, Vítor Vaqueiro con “Fotografía, contemporaneidade e pensamento”
O músico e Doutor e Filosofía Santiago Auserón será o encargado de clausurar as sesións de noite- e polo tanto a Semana - coa “Lección de clausura: A música na Grecia Antiga e a orixe da Filosofía” o venres 14.
A XXXIX Semana Galega de Filosofía está organizada pola Aula Castelao de Filosofía que conta co patrocinio do Concello de Pontevedra, a Universidade de Vigo, a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra - Casa das Campás, a Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia e a colaboración do IES Valle- Inclán.
... Ver MáisVer Menos

Visto no Facebook

4 semanas

Galiza Cultura

MEDULIO E GALIZA CULTURA LEVAN A FERROL A OBRA DE MANUEL LOURENZO

SC Medulio e Galiza Cultura levan a Ferrol a obra de #ManuelLourenzo

Esta cuarta 1 de marzo, a Sociedade Cultural Medulio e a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura presentan en Ferrol a obra completa de Manuel Lourenzo editada pola propia Federación.

Deste xeito, na Capela Torrente Ballester (rúa Concepción Arenal, s/n), desde as 19.30 horas, o actor, director, dramaturgo e grande mestre do teatro galego durante os últimos 60 anos participará na presentación dos volumes, compendio de máis de trescentas obras producidas, realizadas, dirixidas e, mesmo, creadas por el e que son, grazas a esta edición, accesibeis á sociedade galega en xeral, ao sector dramático, cultural e educativo, de xeito particular.

Aliás, a presentación servirá, tamén, para facer unha lectura de dúas das súas pezas teatrais curtas, ‘As Amigas’ e ‘A Terraza’, que completarán a actividade logo de establecer un diálogo co Manuel Lourenzo.

Desde Galiza Cultura agradecemos, como non podería ser doutro xeito, á Sociedade Cultural Medulio, que tamén fai parte da Federación, ser anfitrioa da actividade, a implicación no proxecto de divulgación e proxección pública do compendio da obra de Manuel Lourenzo e o seu traballo na difusión e espallamento desta.

Do mesmo xeito lembrar, que a creación desta obra, que en total suma 7 volumes, non se podería ter ralizado sen a axuda da Área de Cultura da Deputación Cultura da Deputación da Coruña

Na web:
galizacultura.gal/blog/medulio-e-galiza-cultura-levan-a-ferrol-a-obra-de-manuel-lourenzo/
... Ver MáisVer Menos

Visto no Facebook