ASOCIACIÓNS

Novas

Os Bar Ban Sónicos sacan novo single "Canción de verán"
Published 1 Setembro, 2021 in A.C. A Trastenda
Os Bar Ban Sónicos acaban de sacar un novo single "Canción de Verán" Na cara A un tema propio "Canción de Verán" que fará parte do álbum que esperan tirar este ano e do que tamén sacaron vídeo clip. Novamente realizado pola... ler máis ...
Alba de Gloria no Pico Sacro 2021
Published 22 Xullo, 2021 in Galiza Cultura
A Federación Galiza Cultura (FGC), comunica as asociación que a integran, que de novo e como sempre organizado pola AC. O Galo de Santiago e a AC. Vagalumes da Estrada, realiza ese acto que, sen interrupcións, se leva a cabo desde 2011.... ler máis ...
Os Bar Ban Sónicos no Garband Music Fest de Portugal
Published 1 Xuño, 2021 in A.C. A Trastenda
Durante este mes de xuño a nosa agrupación musical "Os Bar Ban Sónicos" comezan a súa participación no GARBAND Music Fest. Festival portugués organizado por un colectivo social-popular de Vila Nova da Gaia, concretamente do barrio de Mafamude. Este mes de xuño... ler máis ...
Exiximos máis contundencia á Xunta na defensa dos bens de Meirás
Published 19 Maio, 2021 in Galiza Cultura
Reclamamos á Xunta de Galiza que active "todos os recursos" para que os Franco "non se apropien" de bens do Pazo de Meirás Vimos de emitir un comunicado de prensa no que demandamos a Xunta de Galiza que cumpra as directrices da UNESCO... ler máis ...
Xornada de difusión da vida, obra e pensamento de Ricardo Carvalho Calero
Published 28 Marzo, 2021 in Galiza Cultura
Vídeo-conferencia de Mª Pilar García Negro e Manuel Castelao Mexuto, coa intervención de María Victoria Carvalho-Calero Ramos. E banda deseñada "Amigo Carvalho" https://youtu.be/tJ8GgbWWMgQ Coloquio-presentación do vídeo "Carvalho, sempre coa Galiza" https://youtu.be/bdXPNdN3kaU Descarga da banda deseñada ler máis ...
O Pazo de Meirás: pasado, presente e futuro
Published 18 Marzo, 2021 in A.C AGRA
25-03-2021 Meirás na Agra
Unha palestra, unha conversa, con Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo para conxugarmos pasado, presente e futuro do Pazo de Meirás. Ao facer 50 anos, desclasificáronse moitos documentos, aínda non todos, referidos a Meirás. A investigación pon sobre o papel mecanismos do... ler máis ...
Calvalho, Lingua e Terra
Published 18 Marzo, 2021 in Galiza Cultura
O movemento asociativo leva reivindicando desde hai décadas unhas Letras Galegas a Carvalho Calero. Cando ao fin se concederon, unha pandemia fixo que nin no ensino nin nas asociacións puidéramos celebrar como quixéramos esta conmemoración. Aprazámola unha e outra vez agardando mellores... ler máis ...
A Asociación Veciñal Agra distribúe o almanaque “2021 Parque da Agra xa!” entre os grupos municipais e concellarías
Published 7 Xaneiro, 2021 in Galiza Cultura
A Asociación Veciñal Agra distribúe o almanaque “2021 Parque da Agra xa!” entre os grupos municipais e concellarías para lembrarlles todos os días do ano a urxencia de habilitar unha zona verde para o barrio da Agra do Orzán. O calendario está... ler máis ...
Galiza Nación, un pobo con dereitos
Published 15 Decembro, 2020 in A.C. A Trastenda
Este venres ás 20h no salón de actos do museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal desenvolverase un interesante acto organizado pola Plataforma Vía Galega, da que formamos parte, dentro da campaña "Galiza nación. Un pobo con dereitos". O... ler máis ...
Novo vídeo de "Os Bar Ban Sónicos"
Published 11 Decembro, 2020 in A.C. A Trastenda
Os Bar Ban Sónicos, a banda formada na asociación, acaban de publicar o vídeo da última das cancións do seu EP "Alimentando o nervio", que como xa sabedes axudamos a editar desde a Asociación A Trastenda. Tratase da canción "A Bruxa" a... ler máis ...
Por amor á palabra
Published 11 Decembro, 2020 in A.C AGRA
Espectáculo grellado de maxia con prebe de lingua situado no ano 109 d.CE. (despois de Celso Emilio) ou ano 2020 nalgunhas civilizacións. “Por amor á palabra”, un festival para as familias, crianzas e adultas, será neste ano 2020 un intre máxico-lingüístico para lembrarlle ó google que... ler máis ...
Camilo: o último guerrilleiro de Galicia
Published 6 Decembro, 2020 in A.C AGRA
Cartaz do evento En 2016 catro estudantes, Alba Sánchez Botana, Juan Sebastián Pirola Lorenzo, Pedro Iglesias Fernández e Miguel García Valdeón entrevistaron Camilo de Dios, realizaron o seu Traballo de Fin de Grao en Comunicación Audiovisual cun documental web producido dende... ler máis ...
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12
Placeholder
Placeholder
Placeholder
Placeholder

Actividades

Axudádeme a cantar
Published 3/25/2023 in A.C AGRA
Data da Actividade: 31 Marzo, 2023
Restos do franquismo na Coruña
Published 3/19/2023 in A.C AGRA
Data da Actividade: 23 Marzo, 2023
Nova orde mundial: guerra e control de recursos económicos
Published 2/26/2023 in A.C AGRA
Data da Actividade: 9 Marzo, 2023
Gostamos de vivir a poesía de Tomás Barros
Published 2/26/2023 in A.C AGRA
Data da Actividade: 2 Marzo, 2023
Símbolos nacionais de Galiza: o himno e a bandeira
Published 1/28/2023 in A.C AGRA
Data da Actividade: 16 Febreiro, 2023
As fillas bravas de Momán na Agra
Published 1/17/2023 in A.C AGRA
Data da Actividade: 8 Febreiro, 2023
Gostamos de vivir a poesía de Patricia Torrado Queiruga
Published 1/30/2023 in A.C AGRA
Data da Actividade: 2 Febreiro, 2023
Festival "Por amor á palabra" 2022
Published 12/13/2022 in A.C AGRA
Data da Actividade: 15 Decembro, 2022

BOLETÍN DE NOVAS

Queres estar ó dia das actividades desenvolta pola Federación Galiza Cultura e os colectivos que a forman?
Suscríbete de balde ás nosas novas!

Loading

INSCRIBIDE A VOSA ASOCIACIÓN

Participas nunha asociación e queredes formar parte de Galiza Cultura?

CREA A TUA ASOCIACIÓN

Queres crear unha asociación e non sabes como?
Contáctanos e axudámoste

2 semanas

Galiza Cultura

A Aula Castelao achega na súa XXXIXSemana Galega de Filosofía a arte como medio de expresión do pensamento
 O evento, contará co catedrático de filosofía Francisco Jarauta para o relatorio de apertura “Certamente é estraño que a Terra xa non sexa habitábel!”
 A clausurá estará a cargo do músico e Doutor en Filosofía Santiago Auserón
 Patricia Mayayo, Fermín Muguruza, Sabela Hermida ou pontevedrés Germán Labrador estarán tamén entre os 15 relatores/as que achegarán as súas miradas do 10 ao 14 de abril no Teatro Principal
Pontevedra, 10 de marzo de 2023.- A Aula Castelao de Filosofía presentou esta mañá o cartel e a programación completa da que será a XXXIX edición da Semana Galega de Filosofía, ‘Filosofía e Arte”. No acto ao que asistiron o presidente, Alexandre Cendón, a secretaria Eva Mouriño e Paula Fernández, ademais de desglosar o programa - que seguirá a estructura habitual de mañá, tarde e noite – deuse a coñecer o por que da escolla tanto do cartel coma do tema que centrará esta edición.
Tal e como comentou Cendón sobre a lámina, “Como xa é habitual dende hai moitos anos, o cartel da XXXIX Semana Galega de Filosofía fíxose cunha ilustración de Daniel Rodríguez Castelao. Desta volta escollemos esta imaxe dos músicos porque dalgún xeito representa a liberdade do feito artístico, algo fundamental na concepción da arte na Modernidade e no noso mundo contemporáneo, que ás veces funciona como refuxio expresivo do que non se pode dicir mediante a palabra”
A elección do tema, Filosofía e Arte, débese ao “interese que nos brinda a arte como dimensión definitoria do ser humano xunto coa linguaxe e o pensamento: é unha actividade simbólica que nos acompaña dende o limiar dos tempos, en paralelo ao pensamento e a linguaxe, as outras expresións simbólicas coas que representamos o mundo e a realidade. Deste xeito a arte ábrenos a unha experiencia estética diferente onde cobra importancia unha senlleira interpretación e representación do mundo humano nos seus diferentes ámbitos: social, persoal, político, cultural, natural... Neste sentido, interésanos ollar a arte como un medio de expresión do pensamento, mais tamén doutros contidos alén do mesmo como son as emocións e o irracional. A súa eficacia como vehículo de comunicación ás veces mellora a propia palabra. Por iso tamén queremos reflexionar sobre o papel ou a función que ten a arte na nosa sociedade, ora como produtora de ideoloxías, ora como medio de análise e denuncia,
ao mesmo tempo que nos preguntamos pola mesma función da artista. Non quixemos abordar o tema soamente dende o punto de vista teórico da filosofía da arte, senón que tamén quixemos dar a palabra ás propias artistas para que nos falen da súa actividade creativa e da súa produción artística a partir das súas vivencias individuais e colectivas”
Trala introducción pasaron a debullar o programa, encargándose Alexandre Cendón dos relatorios de mañá, Eva Mouriño das tardes e pechando Paula Fernández cos da noite, xa que o evento manterá a estrutura de palestras ás 10h. da mañá, con maior carga teórica e contido filosófico, nas tardes a partir das 17h. con temática centrada no ámbito de Galicia e sesións de noite ás 20h. cun contido máis xeral, con menor carga filosófica
Mañás: ‘Pensar a arte’ de 10:30 a 13:30
Alexandre Cendón, avanzou que as primeira das mañás, o luns 10 de abril correrá a cargo de Francisco Jarauta, catedrático de Filosofía da Universidade de Murcia co relatorio “Certamente é estraño que a Terra xa non sexa habitábel!”.
O martes 11 será a quenda de Miguel Anxo Rodríguez, Doutor en Historia da Arte, USC con “Os vellos monumentos a outros ollos”
Chegaremos a metada da semana con Patricia Mayayo, Doutora en Historia da Arte, UAM para falar de “Ecofeminismos, ecoloxías queer e transhumanismos: diálogos entre as prácticas artísticas e a ecoloxía”
Catedrático de Estética e Teoría das Artes da Universidade de Málaga, Luis Puelles achegará o seu relatorio sobre “O público e os espectadores. Tensións na xénese do suxeito moderno” e na última das mañás, Andrea Soto, Doutora en Filosofía, profesora de estética e teoría da arte, UAB , falará da “A forza formadora das imaxes”
Tardes: ‘Galiza e a arte’ de 17 a 19:30h
As tardes, asociadas a Galicia botarán a andar o luns da man de María Novas, arquitecta e doutoranda en Historia e Teoría da Arquitectura na Universidade de Sevilla co seu relatorio a “Arquitectura e xénero: sobre a xerarquía de valores na produción de espazos para a vida”
O martes será a quenda de Iria Ribadomar, debuxante, pintora, ilustradora e deseñadora que falará de “Filosofía, arte e rúa. Ferramentas de transformación social ao servizo de quen?”
Outra muller, Sabela Hermida, actriz e Doutora en Artes Escénicas será a encargada o mércores de achegar a súa charla “O existencialismo na vida e na creación artística de María Casares”
A arte da poesía terá cabida xoves 13 da man da poeta Chus Pato con “Un poema pénsase con versos finais”.
Pechará as tardes da semana Germán Labrador, director de Actividades Públicas do Museo Reina Sofía para falar de “Estética e historia. Sobre os imaxinarios políticos da arte na Galicia do século”
Noites: ‘Perspectivas da arte” de 20 a 22h.
O artista visual, Francesc Torres abrirá as sesión de noite da Semana con “CONTRA NATURA. Cando a Historia devén contido artístico ou a imposibilidade (case) de explicar sen decorar”. Continuarán o martes con Remedios Zafra, ensaísta, profesora e investigadora no Instituto de Filosofía do CSIC e o seu relatorio “A humanidade lida polas máquinas” o músico e cineaste Fermin Muguruza chegará o mércores ao Principal para contarnos que “Hai algo aquí que vai mal”. A fotografía estará presente da man do historiados da fotografía e ensaísta, Vítor Vaqueiro con “Fotografía, contemporaneidade e pensamento”
O músico e Doutor e Filosofía Santiago Auserón será o encargado de clausurar as sesións de noite- e polo tanto a Semana - coa “Lección de clausura: A música na Grecia Antiga e a orixe da Filosofía” o venres 14.
A XXXIX Semana Galega de Filosofía está organizada pola Aula Castelao de Filosofía que conta co patrocinio do Concello de Pontevedra, a Universidade de Vigo, a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra - Casa das Campás, a Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia e a colaboración do IES Valle- Inclán.
... Ver MáisVer Menos

Visto no Facebook

4 semanas

Galiza Cultura

MEDULIO E GALIZA CULTURA LEVAN A FERROL A OBRA DE MANUEL LOURENZO

SC Medulio e Galiza Cultura levan a Ferrol a obra de #ManuelLourenzo

Esta cuarta 1 de marzo, a Sociedade Cultural Medulio e a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura presentan en Ferrol a obra completa de Manuel Lourenzo editada pola propia Federación.

Deste xeito, na Capela Torrente Ballester (rúa Concepción Arenal, s/n), desde as 19.30 horas, o actor, director, dramaturgo e grande mestre do teatro galego durante os últimos 60 anos participará na presentación dos volumes, compendio de máis de trescentas obras producidas, realizadas, dirixidas e, mesmo, creadas por el e que son, grazas a esta edición, accesibeis á sociedade galega en xeral, ao sector dramático, cultural e educativo, de xeito particular.

Aliás, a presentación servirá, tamén, para facer unha lectura de dúas das súas pezas teatrais curtas, ‘As Amigas’ e ‘A Terraza’, que completarán a actividade logo de establecer un diálogo co Manuel Lourenzo.

Desde Galiza Cultura agradecemos, como non podería ser doutro xeito, á Sociedade Cultural Medulio, que tamén fai parte da Federación, ser anfitrioa da actividade, a implicación no proxecto de divulgación e proxección pública do compendio da obra de Manuel Lourenzo e o seu traballo na difusión e espallamento desta.

Do mesmo xeito lembrar, que a creación desta obra, que en total suma 7 volumes, non se podería ter ralizado sen a axuda da Área de Cultura da Deputación Cultura da Deputación da Coruña

Na web:
galizacultura.gal/blog/medulio-e-galiza-cultura-levan-a-ferrol-a-obra-de-manuel-lourenzo/
... Ver MáisVer Menos

Visto no Facebook