











Queres estar ó dia das actividades desenvolta pola Federación Galiza Cultura e os colectivos que a forman?
Suscríbete de balde ás nosas novas!
Participas nunha asociación e queredes formar parte de Galiza Cultura?
Queres crear unha asociación e non sabes como?
Contáctanos e axudámoste
Inauguración da exposición 'A Bretaña que hai en Nós. As cruces de pedra na Bretaña, de Castelao'.
🗓Venres 13 de maio,
🕢19.30 horas,
🏢Sala de Turismo de Ribadeo (Rúa de Dionisio Gamallo Fierros, 7)
Toda a info aquí:
http://galizacultura.gal/blog/inauguracion-da-exposicion-a-bretana-que-hai-en-nos-en-ribadeo/
@gzcultura promove este proxecto que achegará un 60% de material inédito co apoio @DACCultura #culturagalega #teatrogalego http://culturagalega.gal/noticia.php?id=33760
2 meses
Inauguración da exposición ‘A Bretaña que hai en Nós’ en Ribadeo
Baixo o título 'A Bretaña que hai en Nós. As cruces de pedra na Bretaña, de Castelao', este venres 13 de maio, a partir das a 19.30 horas, na Sala de Turismo de Ribadeo (Rúa de Dionisio Gamallo Fierros, 7) a Asociación de irmandade Ribadeo-Loctudy, Asociación Cultural Vagalumes da Estrada, o Concello de Ribadeo e a propia Federación de asociacións culturais Galiza Cultura organizamos esta exposición, unha ollada á obra de Daniel Castelao As cruces de pedra na Bretaña.
En 1929 Daniel Castelao e Virxinia Pereira viaxan a Bretaña e durante catro meses percorren a vella Armórica. Alí, Castelao establece contacto con intelectuais bretóns de diversas áreas e variado signo político, interesándose por todos os aspectos da cultura e das xentes do país celta, que sinte como irmán. Desta viaxe nace a obra de Castelao publicada en 1930 polo Seminario de Estudos Galegos, estudo histórico e descritivo dos cruceiros na Bretaña e como documentación previa para outro traballo similar que estaba preparando sobre os cruceiros galegos, As cruces de pedra na Galiza.
A exposición naceu como unha iniciativa da Asociación Cultural Vagalumes, diante da situación de emerxencia que sofre o noso patrimonio, emprendendo unha campaña de difusión e valoración dos nosos bens. Deste xeito, o pasado 26 de novembro de 2021, presentouse este proxecto na Estrada, nun acto público, concretado naquela altura, nos cruceiros da localidade pontevedresa. Agora, a exposición dá o salto até Ribadeo.
A inauguración contará coa participación de Ugia Pedreira e Pier-Yves Rougier e a exposición permanecerá aberta até o 30 de maio.
galizacultura.gal/blog/inauguracion-da-exposicion-a-bretana-que-hai-en-nos-en-ribadeo/ ... Ver MáisVer Menos
2 meses
2 meses
Comezou xa o acto público de presentación, no Circo de Artesáns da Coruña, da obra completa de Manuel Lourenzo.
Os catro primeiros volumes xa saíron do prelo. E para xuño agardamos ter os sete.
5000 páxinas nos que puidemos, apenas, meter 60 anos de historia da dramaturxia contemporánea galega. Desde 1960 até a actualidade.
Unha compilación dirixida, corrixida e mesmo ampliada polo propio Manuel Lourenzo, e supervisada pola profesora universitaria Cilha Lourenzo.
Uns volumes que desexamos levar a cada recuncho do país. Unha posta a disposición para centros de ensino, aulas, bibliotecas, puntos de lectura, grupos de lectura, entidades, asociacións... e, por suposto, para todas as compañias teatrais, profesionais e afeccionadas, grupos de ensaio, teatro de barrio, escolas de arte dramático etc
En definitiva, para toda persoa que quixer amar, gozar e ilusionar co teatro galego.
t.co/SWgEUPSAYl ... Ver MáisVer Menos
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.