ASOCIACIÓNS

Novas

Compañeiro Carlos Parrado, sempre na nosa memoria
Published 27 Novembro, 2022 in A.C AGRA
Proxección ""Compañeiro Carlos Parrado, sempre na nosa memoria"
Homenaxe a Carlos Parrado Este xoves proxectaremos o vídeo "Compañeiro Carlos Parrado, sempre na nosa memoria" editado pola Fundación Eira da Xoana. Cando vai facer un ano do seu falecemento, cómprenos expresar a honra e gratitude por termos compartido labores de compromiso coa xustiza... ler máis ...
Galiza en NO-DO. Anos 60-70
Published 10 Novembro, 2022 in A.C AGRA
Conferencia de Beatriz Busto no barrio Agra
Sobre os "pololos" lembra Beatriz Busto Miramontes: "foi un exemplo de violencia sobre os corpos que vivín eu mesma cando exercía o folclorismo nunha agrupación. Cando fun comprar o traxe tradicional na tenda de artesanía téxtil galega vendíanmos como parte do... ler máis ...
A obra completa de Manuel Lourenzo xa dispoñíbel
Published 21 Outubro, 2022 in Galiza Cultura
A Federación de asociacións culturais Galiza Cultura pode avanzar que finalizamos a edición da obra completa de Manuel Lourenzo e xa está dispoñíbel. Manuel Lourenzo cos sete volumes da obra completa Desde hai algo máis de tres anos estamos co labor da súa edición.... ler máis ...
Festival A fonética dos corpos 2022
Published 13 Outubro, 2022 in A.C AGRA
dúas pezas teatrais
Dous espectáculos teatrais nesta edición do festival de artes escénicas A fonética dos corpos, do programa “Agra no Ágora”. QUERCUS ROBUR Participantes na actividade “Teatro interxeracional”, da asociación veciñal Agra, representan a peza Quercus robur. SINOPSE: tanto quercus como robur eran os nomes romanos dados aos carballos... ler máis ...
Gosto de vivir a poesía de Chus Pato
Published 28 Setembro, 2022 in A.C AGRA
Recital poético
"Ogallá poidamos ver o abrente no que Europa non padeza o capricho dun deus patriarcal nin os celos da súa consorte divina. Ogallá se cumpran mil primaveras máis para estes eidos que compartimos e para os idiomas, aínda hoxe desprezados, que algúns... ler máis ...
Onde caben dous, caben cinco
Published 16 Setembro, 2022 in A.C AGRA
Presentación do magnífico traballo de estatística "Onde caben dous, caben cinco", feito por alumnado do I.E.S. Agra Do Orzan. Comparten autoría Pablo Araújo Rodríguez, Florencia Isabel Balmelli Rivero, Eduardo A. Tella Vidal e Isabel Rodríguez Polín, alumnado de 1° de bacharelato, do Club... ler máis ...
Saleta Goi nunca serás esquecida
Published 10 Setembro, 2022 in Galiza Cultura
Embárganos unha profunda dor polo pasamento de Saleta Goi, referente da nosa cultura, colaboradora incansábel do noso tecido cultural, amiga e, sobre todas as cousas, unha muller brava que facía do noso mundo un mundo mellor. Que a terra che sexa leve.... ler máis ...
Galiza Cultura gozou o IX Convivio da Cultura Galega
Published 10 Xullo, 2022 in Galiza Cultura
Xornada de festa mais tamén de traballo a vivida onte en Outeiro de Rei. A Casa-Museo Manuel María acolleunos, doutra volta, no IX Convivio da Cultura galega. E entre as máis 20 entidades que hoxe conformamos a Federación aproveitamos para poñer en... ler máis ...
1888. Señorita Xulia
Published 8 Xullo, 2022 in A.C AGRA
Estudo Momento na Agra
O programa Agra no Ágora engade na programación de 2022 o primeiro festival “Pétalos igualdade. Flor de vida” para ofertar un espectáculo de artes escénicas no mes de xullo para promover a reflexión e o avance social cara á equidade de xénero.... ler máis ...
Coa música tradicional hoxe
Published 27 Xuño, 2022 in A.C AGRA
Concerto de Maraxe "Coa música tradicional hoxe"
Concerto-palestra “Coa música tradicional hoxe” do trío Maraxe este venres, 1 de xullo, ás 20:30 h. no local veciñal (rúa Entrepenas 38 soto). Este acto, parte do programa Facendo país, é de entrada gratuíta e libre (non é preciso inscribirse nin retirar convites,... ler máis ...
A guerrilla antifranquista en Galicia: lectura en clave comunitaria
Published 27 Xuño, 2022 in A.C AGRA
Conferencia de Ana Iglesia na Agra sobre "A guerrilla antifranquista na Galiza"
Palestra de Ana Cabana Iglesia en xoves 30 de xuño ás 19:30 h. na aula 9 do Centro Ágora. A guerrilla antifranquista é un fenómeno que pode ser analizado dende múltiples perspectivas. Nesta charla proponse unha moi concreta que ten que ver coa... ler máis ...
Visitas guiadas á exposición "Téxtiles de artistas"
Published 1 Xuño, 2022 in A.C AGRA
visita guiada
Visitaremos esta exposición en martes 31 de maio e en 13 de xuño, ás 17:55. Esta mostra ofrece un percorrido pola historia da arte do século XX a través de tecidos deseñados por artistas de primeira liña, con exemplos senlleiros que se insiren... ler máis ...
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12
Placeholder
Placeholder
Placeholder
Placeholder

Actividades

Axudádeme a cantar
Published 3/25/2023 in A.C AGRA
Data da Actividade: 31 Marzo, 2023
Restos do franquismo na Coruña
Published 3/19/2023 in A.C AGRA
Data da Actividade: 23 Marzo, 2023
Nova orde mundial: guerra e control de recursos económicos
Published 2/26/2023 in A.C AGRA
Data da Actividade: 9 Marzo, 2023
Gostamos de vivir a poesía de Tomás Barros
Published 2/26/2023 in A.C AGRA
Data da Actividade: 2 Marzo, 2023
Símbolos nacionais de Galiza: o himno e a bandeira
Published 1/28/2023 in A.C AGRA
Data da Actividade: 16 Febreiro, 2023
As fillas bravas de Momán na Agra
Published 1/17/2023 in A.C AGRA
Data da Actividade: 8 Febreiro, 2023
Gostamos de vivir a poesía de Patricia Torrado Queiruga
Published 1/30/2023 in A.C AGRA
Data da Actividade: 2 Febreiro, 2023
Festival "Por amor á palabra" 2022
Published 12/13/2022 in A.C AGRA
Data da Actividade: 15 Decembro, 2022

BOLETÍN DE NOVAS

Queres estar ó dia das actividades desenvolta pola Federación Galiza Cultura e os colectivos que a forman?
Suscríbete de balde ás nosas novas!

Loading

INSCRIBIDE A VOSA ASOCIACIÓN

Participas nunha asociación e queredes formar parte de Galiza Cultura?

CREA A TUA ASOCIACIÓN

Queres crear unha asociación e non sabes como?
Contáctanos e axudámoste

2 semanas

Galiza Cultura

A Aula Castelao achega na súa XXXIXSemana Galega de Filosofía a arte como medio de expresión do pensamento
 O evento, contará co catedrático de filosofía Francisco Jarauta para o relatorio de apertura “Certamente é estraño que a Terra xa non sexa habitábel!”
 A clausurá estará a cargo do músico e Doutor en Filosofía Santiago Auserón
 Patricia Mayayo, Fermín Muguruza, Sabela Hermida ou pontevedrés Germán Labrador estarán tamén entre os 15 relatores/as que achegarán as súas miradas do 10 ao 14 de abril no Teatro Principal
Pontevedra, 10 de marzo de 2023.- A Aula Castelao de Filosofía presentou esta mañá o cartel e a programación completa da que será a XXXIX edición da Semana Galega de Filosofía, ‘Filosofía e Arte”. No acto ao que asistiron o presidente, Alexandre Cendón, a secretaria Eva Mouriño e Paula Fernández, ademais de desglosar o programa - que seguirá a estructura habitual de mañá, tarde e noite – deuse a coñecer o por que da escolla tanto do cartel coma do tema que centrará esta edición.
Tal e como comentou Cendón sobre a lámina, “Como xa é habitual dende hai moitos anos, o cartel da XXXIX Semana Galega de Filosofía fíxose cunha ilustración de Daniel Rodríguez Castelao. Desta volta escollemos esta imaxe dos músicos porque dalgún xeito representa a liberdade do feito artístico, algo fundamental na concepción da arte na Modernidade e no noso mundo contemporáneo, que ás veces funciona como refuxio expresivo do que non se pode dicir mediante a palabra”
A elección do tema, Filosofía e Arte, débese ao “interese que nos brinda a arte como dimensión definitoria do ser humano xunto coa linguaxe e o pensamento: é unha actividade simbólica que nos acompaña dende o limiar dos tempos, en paralelo ao pensamento e a linguaxe, as outras expresións simbólicas coas que representamos o mundo e a realidade. Deste xeito a arte ábrenos a unha experiencia estética diferente onde cobra importancia unha senlleira interpretación e representación do mundo humano nos seus diferentes ámbitos: social, persoal, político, cultural, natural... Neste sentido, interésanos ollar a arte como un medio de expresión do pensamento, mais tamén doutros contidos alén do mesmo como son as emocións e o irracional. A súa eficacia como vehículo de comunicación ás veces mellora a propia palabra. Por iso tamén queremos reflexionar sobre o papel ou a función que ten a arte na nosa sociedade, ora como produtora de ideoloxías, ora como medio de análise e denuncia,
ao mesmo tempo que nos preguntamos pola mesma función da artista. Non quixemos abordar o tema soamente dende o punto de vista teórico da filosofía da arte, senón que tamén quixemos dar a palabra ás propias artistas para que nos falen da súa actividade creativa e da súa produción artística a partir das súas vivencias individuais e colectivas”
Trala introducción pasaron a debullar o programa, encargándose Alexandre Cendón dos relatorios de mañá, Eva Mouriño das tardes e pechando Paula Fernández cos da noite, xa que o evento manterá a estrutura de palestras ás 10h. da mañá, con maior carga teórica e contido filosófico, nas tardes a partir das 17h. con temática centrada no ámbito de Galicia e sesións de noite ás 20h. cun contido máis xeral, con menor carga filosófica
Mañás: ‘Pensar a arte’ de 10:30 a 13:30
Alexandre Cendón, avanzou que as primeira das mañás, o luns 10 de abril correrá a cargo de Francisco Jarauta, catedrático de Filosofía da Universidade de Murcia co relatorio “Certamente é estraño que a Terra xa non sexa habitábel!”.
O martes 11 será a quenda de Miguel Anxo Rodríguez, Doutor en Historia da Arte, USC con “Os vellos monumentos a outros ollos”
Chegaremos a metada da semana con Patricia Mayayo, Doutora en Historia da Arte, UAM para falar de “Ecofeminismos, ecoloxías queer e transhumanismos: diálogos entre as prácticas artísticas e a ecoloxía”
Catedrático de Estética e Teoría das Artes da Universidade de Málaga, Luis Puelles achegará o seu relatorio sobre “O público e os espectadores. Tensións na xénese do suxeito moderno” e na última das mañás, Andrea Soto, Doutora en Filosofía, profesora de estética e teoría da arte, UAB , falará da “A forza formadora das imaxes”
Tardes: ‘Galiza e a arte’ de 17 a 19:30h
As tardes, asociadas a Galicia botarán a andar o luns da man de María Novas, arquitecta e doutoranda en Historia e Teoría da Arquitectura na Universidade de Sevilla co seu relatorio a “Arquitectura e xénero: sobre a xerarquía de valores na produción de espazos para a vida”
O martes será a quenda de Iria Ribadomar, debuxante, pintora, ilustradora e deseñadora que falará de “Filosofía, arte e rúa. Ferramentas de transformación social ao servizo de quen?”
Outra muller, Sabela Hermida, actriz e Doutora en Artes Escénicas será a encargada o mércores de achegar a súa charla “O existencialismo na vida e na creación artística de María Casares”
A arte da poesía terá cabida xoves 13 da man da poeta Chus Pato con “Un poema pénsase con versos finais”.
Pechará as tardes da semana Germán Labrador, director de Actividades Públicas do Museo Reina Sofía para falar de “Estética e historia. Sobre os imaxinarios políticos da arte na Galicia do século”
Noites: ‘Perspectivas da arte” de 20 a 22h.
O artista visual, Francesc Torres abrirá as sesión de noite da Semana con “CONTRA NATURA. Cando a Historia devén contido artístico ou a imposibilidade (case) de explicar sen decorar”. Continuarán o martes con Remedios Zafra, ensaísta, profesora e investigadora no Instituto de Filosofía do CSIC e o seu relatorio “A humanidade lida polas máquinas” o músico e cineaste Fermin Muguruza chegará o mércores ao Principal para contarnos que “Hai algo aquí que vai mal”. A fotografía estará presente da man do historiados da fotografía e ensaísta, Vítor Vaqueiro con “Fotografía, contemporaneidade e pensamento”
O músico e Doutor e Filosofía Santiago Auserón será o encargado de clausurar as sesións de noite- e polo tanto a Semana - coa “Lección de clausura: A música na Grecia Antiga e a orixe da Filosofía” o venres 14.
A XXXIX Semana Galega de Filosofía está organizada pola Aula Castelao de Filosofía que conta co patrocinio do Concello de Pontevedra, a Universidade de Vigo, a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra - Casa das Campás, a Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia e a colaboración do IES Valle- Inclán.
... Ver MáisVer Menos

Visto no Facebook

4 semanas

Galiza Cultura

MEDULIO E GALIZA CULTURA LEVAN A FERROL A OBRA DE MANUEL LOURENZO

SC Medulio e Galiza Cultura levan a Ferrol a obra de #ManuelLourenzo

Esta cuarta 1 de marzo, a Sociedade Cultural Medulio e a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura presentan en Ferrol a obra completa de Manuel Lourenzo editada pola propia Federación.

Deste xeito, na Capela Torrente Ballester (rúa Concepción Arenal, s/n), desde as 19.30 horas, o actor, director, dramaturgo e grande mestre do teatro galego durante os últimos 60 anos participará na presentación dos volumes, compendio de máis de trescentas obras producidas, realizadas, dirixidas e, mesmo, creadas por el e que son, grazas a esta edición, accesibeis á sociedade galega en xeral, ao sector dramático, cultural e educativo, de xeito particular.

Aliás, a presentación servirá, tamén, para facer unha lectura de dúas das súas pezas teatrais curtas, ‘As Amigas’ e ‘A Terraza’, que completarán a actividade logo de establecer un diálogo co Manuel Lourenzo.

Desde Galiza Cultura agradecemos, como non podería ser doutro xeito, á Sociedade Cultural Medulio, que tamén fai parte da Federación, ser anfitrioa da actividade, a implicación no proxecto de divulgación e proxección pública do compendio da obra de Manuel Lourenzo e o seu traballo na difusión e espallamento desta.

Do mesmo xeito lembrar, que a creación desta obra, que en total suma 7 volumes, non se podería ter ralizado sen a axuda da Área de Cultura da Deputación Cultura da Deputación da Coruña

Na web:
galizacultura.gal/blog/medulio-e-galiza-cultura-levan-a-ferrol-a-obra-de-manuel-lourenzo/
... Ver MáisVer Menos

Visto no Facebook