




Queres estar ó dia das actividades desenvolta pola Federación Galiza Cultura e os colectivos que a forman?
Suscríbete de balde ás nosas novas!
Participas nunha asociación e queredes formar parte de Galiza Cultura?
Queres crear unha asociación e non sabes como?
Contáctanos e axudámoste
1 mes
Este sábado 29 de abril terá lugar en Sabucedo o Encontro Burla Verde pola defensa da Terra. ... Ver MáisVer Menos
3 meses
O Goberno local reclama a restauración do texto orixinal do himno galego - Pontevedra Viva
pontevedraviva.com
O Goberno Local de Pontevedra expresou o seu apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que reclama a restauración do texto fidedigno do himno galego e a súa difusión3 meses
A Aula Castelao achega na súa XXXIXSemana Galega de Filosofía a arte como medio de expresión do pensamento
O evento, contará co catedrático de filosofía Francisco Jarauta para o relatorio de apertura “Certamente é estraño que a Terra xa non sexa habitábel!”
A clausurá estará a cargo do músico e Doutor en Filosofía Santiago Auserón
Patricia Mayayo, Fermín Muguruza, Sabela Hermida ou pontevedrés Germán Labrador estarán tamén entre os 15 relatores/as que achegarán as súas miradas do 10 ao 14 de abril no Teatro Principal
Pontevedra, 10 de marzo de 2023.- A Aula Castelao de Filosofía presentou esta mañá o cartel e a programación completa da que será a XXXIX edición da Semana Galega de Filosofía, ‘Filosofía e Arte”. No acto ao que asistiron o presidente, Alexandre Cendón, a secretaria Eva Mouriño e Paula Fernández, ademais de desglosar o programa - que seguirá a estructura habitual de mañá, tarde e noite – deuse a coñecer o por que da escolla tanto do cartel coma do tema que centrará esta edición.
Tal e como comentou Cendón sobre a lámina, “Como xa é habitual dende hai moitos anos, o cartel da XXXIX Semana Galega de Filosofía fíxose cunha ilustración de Daniel Rodríguez Castelao. Desta volta escollemos esta imaxe dos músicos porque dalgún xeito representa a liberdade do feito artístico, algo fundamental na concepción da arte na Modernidade e no noso mundo contemporáneo, que ás veces funciona como refuxio expresivo do que non se pode dicir mediante a palabra”
A elección do tema, Filosofía e Arte, débese ao “interese que nos brinda a arte como dimensión definitoria do ser humano xunto coa linguaxe e o pensamento: é unha actividade simbólica que nos acompaña dende o limiar dos tempos, en paralelo ao pensamento e a linguaxe, as outras expresións simbólicas coas que representamos o mundo e a realidade. Deste xeito a arte ábrenos a unha experiencia estética diferente onde cobra importancia unha senlleira interpretación e representación do mundo humano nos seus diferentes ámbitos: social, persoal, político, cultural, natural... Neste sentido, interésanos ollar a arte como un medio de expresión do pensamento, mais tamén doutros contidos alén do mesmo como son as emocións e o irracional. A súa eficacia como vehículo de comunicación ás veces mellora a propia palabra. Por iso tamén queremos reflexionar sobre o papel ou a función que ten a arte na nosa sociedade, ora como produtora de ideoloxías, ora como medio de análise e denuncia,
ao mesmo tempo que nos preguntamos pola mesma función da artista. Non quixemos abordar o tema soamente dende o punto de vista teórico da filosofía da arte, senón que tamén quixemos dar a palabra ás propias artistas para que nos falen da súa actividade creativa e da súa produción artística a partir das súas vivencias individuais e colectivas”
Trala introducción pasaron a debullar o programa, encargándose Alexandre Cendón dos relatorios de mañá, Eva Mouriño das tardes e pechando Paula Fernández cos da noite, xa que o evento manterá a estrutura de palestras ás 10h. da mañá, con maior carga teórica e contido filosófico, nas tardes a partir das 17h. con temática centrada no ámbito de Galicia e sesións de noite ás 20h. cun contido máis xeral, con menor carga filosófica
Mañás: ‘Pensar a arte’ de 10:30 a 13:30
Alexandre Cendón, avanzou que as primeira das mañás, o luns 10 de abril correrá a cargo de Francisco Jarauta, catedrático de Filosofía da Universidade de Murcia co relatorio “Certamente é estraño que a Terra xa non sexa habitábel!”.
O martes 11 será a quenda de Miguel Anxo Rodríguez, Doutor en Historia da Arte, USC con “Os vellos monumentos a outros ollos”
Chegaremos a metada da semana con Patricia Mayayo, Doutora en Historia da Arte, UAM para falar de “Ecofeminismos, ecoloxías queer e transhumanismos: diálogos entre as prácticas artísticas e a ecoloxía”
Catedrático de Estética e Teoría das Artes da Universidade de Málaga, Luis Puelles achegará o seu relatorio sobre “O público e os espectadores. Tensións na xénese do suxeito moderno” e na última das mañás, Andrea Soto, Doutora en Filosofía, profesora de estética e teoría da arte, UAB , falará da “A forza formadora das imaxes”
Tardes: ‘Galiza e a arte’ de 17 a 19:30h
As tardes, asociadas a Galicia botarán a andar o luns da man de María Novas, arquitecta e doutoranda en Historia e Teoría da Arquitectura na Universidade de Sevilla co seu relatorio a “Arquitectura e xénero: sobre a xerarquía de valores na produción de espazos para a vida”
O martes será a quenda de Iria Ribadomar, debuxante, pintora, ilustradora e deseñadora que falará de “Filosofía, arte e rúa. Ferramentas de transformación social ao servizo de quen?”
Outra muller, Sabela Hermida, actriz e Doutora en Artes Escénicas será a encargada o mércores de achegar a súa charla “O existencialismo na vida e na creación artística de María Casares”
A arte da poesía terá cabida xoves 13 da man da poeta Chus Pato con “Un poema pénsase con versos finais”.
Pechará as tardes da semana Germán Labrador, director de Actividades Públicas do Museo Reina Sofía para falar de “Estética e historia. Sobre os imaxinarios políticos da arte na Galicia do século”
Noites: ‘Perspectivas da arte” de 20 a 22h.
O artista visual, Francesc Torres abrirá as sesión de noite da Semana con “CONTRA NATURA. Cando a Historia devén contido artístico ou a imposibilidade (case) de explicar sen decorar”. Continuarán o martes con Remedios Zafra, ensaísta, profesora e investigadora no Instituto de Filosofía do CSIC e o seu relatorio “A humanidade lida polas máquinas” o músico e cineaste Fermin Muguruza chegará o mércores ao Principal para contarnos que “Hai algo aquí que vai mal”. A fotografía estará presente da man do historiados da fotografía e ensaísta, Vítor Vaqueiro con “Fotografía, contemporaneidade e pensamento”
O músico e Doutor e Filosofía Santiago Auserón será o encargado de clausurar as sesións de noite- e polo tanto a Semana - coa “Lección de clausura: A música na Grecia Antiga e a orixe da Filosofía” o venres 14.
A XXXIX Semana Galega de Filosofía está organizada pola Aula Castelao de Filosofía que conta co patrocinio do Concello de Pontevedra, a Universidade de Vigo, a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra - Casa das Campás, a Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia e a colaboración do IES Valle- Inclán. ... Ver MáisVer Menos
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.