


Queres estar ó dia das actividades desenvolta pola Federación Galiza Cultura e os colectivos que a forman?
Suscríbete de balde ás nosas novas!
Participas nunha asociación e queredes formar parte de Galiza Cultura?
Queres crear unha asociación e non sabes como?
Contáctanos e axudámoste
Manuel Ferreiro e @xoancosta estarán este sábado, ás 18 horas, na Casa-Museo Manuel María,en Outeiro de Rei, para presentar o caderno "SÍMBOLOS NACIONAIS DE GALIZA, O HIMNO E A BANDEIRA".
As persoas asistentes poderán levar o seu exemplar.
Acto promovido por @viagalega
En marcha, xa, a campaña de recollida de sinaturas da Iniciativa Lexislativa Popular para a restitución do texto fidedigno do noso himno e a súa difusión, que xunto a @viagalega desenvolveremos no País.
Mais info en: http://galizacultura.gal/blog/en-marcha-xa-a-ilp-para-a-restitucion-da-letra-do-noso-himno-e-a-sua-difusion/
1 semán
2 semanas
En marcha xa a ILP para a restitución da letra do noso himno e a súa difusión
Esta semana dimos, xa, comezo á campaña de recollida de sinatuas, que xunto Vía Galega rexistramos no Parlamento de Galiza, para a presentación da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) co obxecto da restauración do texto fidedigno do noso Himno e a súa difusión.
En novembro do pasado ano, no rexistro da Cámara, María Antonia Pérez, a nosa vicepresidenta, Anxo Louzao, voceiro de Vía Galega, Manuel Ferreiro, catedrático da UDC e investigador do himno, Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Paulo Carril, secretario xeral da CIG, e a escritora e profesora da UDC e expresidenta de Galiza Cultura, María Pilar García Negro, entre outras persoas, presentamos a proposición de lei que, toda vez valorada pola Mesa do Parlamento foi admitida a trámite polo que a Xunta Electoral xa fixo corresponder os pregos de recollida de sinaturas do procedemento.
Deste xeito, e durante os vindeiros tres meses, ao longo do País, desenvolveremos, xunto coas entidades culturais pertencentes á Federación e en colaboración con outros máis de 30 colectivos, a campaña de recollida das 10.000 sinaturas que exixe o procedemento para o debate da iniciativa no pleno do Parlamento.
A pretensión da ILP é acomodar o texto “legal” actual ao amparo da Lei de símbolos de 1984, ao texto real escrito en 1890, recuperando o texto íntegro de Eduardo Pondal e que, por distintos procesos, adaptacións ou, mesmo, adherencias foi sufrindo modificacións que deron pé a un texto que chegou aos nosos días con incorreccións. Mesmo o propio Eduardo Pondal, antes de morrer en 1917, dirixiuse a Fontenla Leal, gran promotor do himno na Habana, para lle advertir de que había que corrixir erros que observara nas interpretacións que comezaban a se extender. Cómpre lembrar, neste sentido, que “Os Pinos” adoptouse oficialmente como Himno galego en 1907, na propia Habana, e a súa difusión e popularización a partir desa data foi lonxe do País.
Con todo, esta campaña, que desenvolveremos en todas as comarcas da Galiza, disporá de distintos puntos e mesas de recollidas durante estas vindeiras datas que irán sendo publicitadas e que facilitarán as todas as persoas que desexen participar desta ILP a achega da súa sinatura.
Podes descargar a versión restituída na seguinte ligazón: viagalega.gal/wp-content/uploads/2022/07/Novo-Himno-Galego.mp3 ... Ver MáisVer Menos
3 meses
A obra completa de Manuel Lourenzo xa dispoñíbel
A Federación de asociacións culturais Galiza Cultura pode avanzar que finalizamos a edición da obra completa de Manuel Lourenzo e xa está dispoñíbel.
Desde hai algo máis de tres anos estamos co labor da súa edición. Coa propia colaboración de Manuel Lourenzo, facendo as correccións precisas, achegas documentais inéditas, mesmo traspapeladas ou esquecidas no seu arquivo persoal, e participando activamente na construción estrutural desta magna obra e coa axuda no proceso, aliás a súa corrección lingüística e corrección de forma, da profesora Cilla Lourenço Módia, fumos quen de ter preparados sete tomos onde se recollen unha parte importante dos 60 anos de historia do teatro contemporáneo galego, co único obxectivo de poñer a disposición das distintas compañías teatrais galegas para a súa representación e para goce do público en xeral, tanto como espectador coma lector, nunha acción estratéxica de fomento e creación da cultura e de protección, difusión, conservación e posta en valor do noso patrimonio cultural. Un compendio de obras que chega a cerca dos 300 títulos.
Cada un dos sete tomos acubilla en torno das 800 páxinas que van plasmando de xeito cronolóxico a produción dramática de Manuel Lourenzo. Todos, xa, formarán parte do patrimonio colectivo da cultura galega, sendo o noso obxectivo dar traslado deles a cantas máis persoas, entidades, asociacións, colectivos, administracións e centros de ensino para o coñecemento xeral da dramaturxia contemporánea galega.
Deste xeito, a través do noso correo electrónico [federacion-arroba-galizacultura.gal], todas aquelas persoas interesadas en adquirir esta obra poderán escribirnos e procederemos a facilitar as indicacións precisas de como adquirir estes sete volumes. ... Ver MáisVer Menos
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.