ASOCIACIÓNS

Novas

A emigración galega a debate no Café Cultural Auriense
Published 23 Outubro, 2019 in A.C. Auriense
Café Cultural Auriense acolle mañá 26 de novembro, ás 20:00 horas, unha palestra-debate sobre a emigración galega. A actividade forma parte da campaña que a Plataforma Vía Galega está a organizar por todo o país. É incuestionábel a riqueza da Galiza. Quer no plano ecolóxico, quer no... ler máis ...
Castelao maxistral na Cidade da Cultura
Published 10 Outubro, 2019 in Galiza Cultura
Para o día 19 de outubro Galiza Cultura convídavos a visitar a exposición “Castelao maxistral” instalada na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Estampa de Castelao Nesta exposición poderase ver por primeira vez no noso País a obra 'A derradeira leición do mestre',... ler máis ...
Visita guiada á mostra “13 Estampas da Traizón”
Published 5 Outubro, 2019 in A.C.M. Solfa
O próximo xoves 10 de outubro ás 18:15h a Asociación Musical Solfa realizará unha visita guiada á mostra “13 Estampas da Traizón” que se exhibe nas salas do Pazo de Fonseca da USC, situado ao remate da rúa do Franco, preto da praza do Obradoiro.. A... ler máis ...
Aberto o prazo de matrícula na Escola de Música de Solfa curso 2019/2020
Published 30 Agosto, 2019 in A.C.M. Solfa
Do día 12 ao 24 de setembro, de 17.00 a 18.00h atenderemos no Centro Sociocultural das Fontiñas a todas as persoas que queiran formar parte da Banda de Música ou Grupo instrumental, Coro de adultos, Pandeireta, Baile tradicional ou recibir clases individuais de instrumentos: clarinete, saxo,... ler máis ...
Homenaxe a Antón Fraguas
Published 26 Agosto, 2019 in A. C. Francisco Lanza
Lembramos a Antón Fraguas entre todas e todos, co especial acompañamento do grupo musical Tundal. O próximo domingo, día 1 de setembro, ás 19 h, no Teatro. ler máis ...
Festival da Trastenda 2019, un grande éxito
Published 20 Xullo, 2019 in A.C. A Trastenda
Grazas a todos e todas por unha noite inesquecíbel. O Festival da Trastenda 2019 foi un éxito. Grazas aos grupos que actuáchedes e destes o mellor de vós para facer gozar ao público, conseguíchedelo. Grazas ao público por acompañarnos e animar a... ler máis ...
Festival da Trastenda 2019
Published 17 Xullo, 2019 in A.C. A Trastenda
Aquí tedes o cartaz do Festival da Trastenda 2019. Un pequeno paso adiante na breve historia do noso festival. Este ano teremos como sempre grupos da comarca, The Fender´s Leña da Pobra que están a dar os seus primeiros pasos, os bos... ler máis ...
Homenaxe as vítimas da represión franquista
Published 11 Xullo, 2019 in Galiza Cultura
A Federación Galiza Cultura organiza en colaboración coa A.C. O Galo e a Iniciativa Galega pola Memoria unha homenaxe ás vítimas da represión franquista o vindeiro 21 de xullo na illa de San Simón. Ás 11 da mañá comezaremos unha visita guiada á... ler máis ...
Subida ó Pico Sacro
Published 8 Xullo, 2019 in Galiza Cultura
A Federación Galiza Cultura fai un chamamento, un ano máis, á participación na oitava subida ao Pico Sacro, unha homenaxe aberta a todas as persoas que nos queiran acompañar. En 1924 Castelao visita Boqueixón e ascende ao Pico Sacro, dende o cal contempla... ler máis ...
Clube de lectura: O solpor da cupletista
Published 23 Xuño, 2019 in Galiza Cultura
O Clube de Lectura comentou onte esta obra de Mª Xosé Queizán que conta con dúas partes ben diferenciadas: un breve relato que recrea as últimas horas da protagonista, a Bela Otero, e unha reseña histórico-biográfica de Carolina Otero, baixo o título... ler máis ...
A obra de Luís Seoane na súa Fundación
Published 1 Xuño, 2019 in Galiza Cultura
O próximo 15 de xuño promovemos desde o Grupo de Patrimonio de Galiza Cultura unha visita guiada á Fundación Luís Seoane da Coruña onde se garda un patrimonio valiosísimo -fundamentalmente pintura, mais non só- do que é autor Luís Seoane, un dos... ler máis ...
A música galega ao día
Published 17 Marzo, 2019 in Galiza Cultura
Estás aburrido de que a radio che lance sempre as mesmas cancións? YouTube non para de levarte sempre aos mesmos ritmos comerciais? Temos unha solución!!!!!! Entra en gzmusica.com e escoita a mellor música do País, che guste o estilo que che guste. En... ler máis ...
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11
Placeholder
Placeholder
Placeholder
Placeholder

Actividades

Coa música tradicional hoxe
Published 6/27/2022 in A.C AGRA
Data da Actividade: 1 Xullo, 2022
CURSOS DE VERÁN INTERXERACIONAIS: BAILE TRADICIONAL e/ou PANDEIRETA
Published 6/7/2022 in A.C AGRA
Data da Actividade: 1 Xullo, 2022
A guerrilla antifranquista en Galicia: lectura en clave comunitaria
Published 6/27/2022 in A.C AGRA
Data da Actividade: 30 Xuño, 2022
Visitas guiadas á exposición "Téxtiles de artistas"
Published 6/1/2022 in A.C AGRA
Data da Actividade: 13 Xuño, 2022
FoliAgra 2022
Published 5/27/2022 in A.C AGRA
Data da Actividade: 4 Xuño, 2022
O álbum de guerra de Luís Seoane
Published 5/23/2022 in A.C AGRA
Data da Actividade: 2 Xuño, 2022
13 estampas da traizón. Luís Seoane: loita antifascista a punta de lapis
Published 5/23/2022 in A.C AGRA
Data da Actividade: 1 Xuño, 2022
Ferrados de Letras 2022
Published 5/23/2022 in A.C AGRA
Data da Actividade: 26 Maio, 2022

BOLETÍN DE NOVAS

Queres estar ó dia das actividades desenvolta pola Federación Galiza Cultura e os colectivos que a forman?
Suscríbete de balde ás nosas novas!

Loading

INSCRIBIDE A VOSA ASOCIACIÓN

Participas nunha asociación e queredes formar parte de Galiza Cultura?

CREA A TUA ASOCIACIÓN

Queres crear unha asociación e non sabes como?
Contáctanos e axudámoste

Inauguración da exposición ‘A Bretaña que hai en Nós’ en Ribadeo

Baixo o título 'A Bretaña que hai en Nós. As cruces de pedra na Bretaña, de Castelao', este venres 13 de maio, a partir das a 19.30 horas, na Sala de Turismo de Ribadeo (Rúa de Dionisio Gamallo Fierros, 7) a Asociación de irmandade Ribadeo-Loctudy, Asociación Cultural Vagalumes da Estrada, o Concello de Ribadeo e a propia Federación de asociacións culturais Galiza Cultura organizamos esta exposición, unha ollada á obra de Daniel Castelao As cruces de pedra na Bretaña.

En 1929 Daniel Castelao e Virxinia Pereira viaxan a Bretaña e durante catro meses percorren a vella Armórica. Alí, Castelao establece contacto con intelectuais bretóns de diversas áreas e variado signo político, interesándose por todos os aspectos da cultura e das xentes do país celta, que sinte como irmán. Desta viaxe nace a obra de Castelao publicada en 1930 polo Seminario de Estudos Galegos, estudo histórico e descritivo dos cruceiros na Bretaña e como documentación previa para outro traballo similar que estaba preparando sobre os cruceiros galegos, As cruces de pedra na Galiza.

A exposición naceu como unha iniciativa da Asociación Cultural Vagalumes, diante da situación de emerxencia que sofre o noso patrimonio, emprendendo unha campaña de difusión e valoración dos nosos bens. Deste xeito, o pasado 26 de novembro de 2021, presentouse este proxecto na Estrada, nun acto público, concretado naquela altura, nos cruceiros da localidade pontevedresa. Agora, a exposición dá o salto até Ribadeo.

A inauguración contará coa participación de Ugia Pedreira e Pier-Yves Rougier e a exposición permanecerá aberta até o 30 de maio.

galizacultura.gal/blog/inauguracion-da-exposicion-a-bretana-que-hai-en-nos-en-ribadeo/
... Ver MáisVer Menos

Visto no Facebook
Visto no Facebook

Comezou xa o acto público de presentación, no Circo de Artesáns da Coruña, da obra completa de Manuel Lourenzo.

Os catro primeiros volumes xa saíron do prelo. E para xuño agardamos ter os sete.
5000 páxinas nos que puidemos, apenas, meter 60 anos de historia da dramaturxia contemporánea galega. Desde 1960 até a actualidade.

Unha compilación dirixida, corrixida e mesmo ampliada polo propio Manuel Lourenzo, e supervisada pola profesora universitaria Cilha Lourenzo.

Uns volumes que desexamos levar a cada recuncho do país. Unha posta a disposición para centros de ensino, aulas, bibliotecas, puntos de lectura, grupos de lectura, entidades, asociacións... e, por suposto, para todas as compañias teatrais, profesionais e afeccionadas, grupos de ensaio, teatro de barrio, escolas de arte dramático etc

En definitiva, para toda persoa que quixer amar, gozar e ilusionar co teatro galego.

t.co/SWgEUPSAYl
... Ver MáisVer Menos

Visto no Facebook