XXII Certame Internacional de Regueifas en Vigo
- Posted by Admin
- On 12 Decembro, 2019
- 0 Comments
A Asociación ORAL presenta o seu XXII Certame Internacional de Regueifas, que se celebrará no Centro Veciñal e Cultural de Valladares de Vigo o 14 e 15 de decembro e ao que convida a todas as persoas arredor da improvisación oral.
O Certame inclúe prácticas de distintas variantes da improvisación oral dirixidas polas mellores regueifeiras e regueifeiros, ademáis de actividades como teatro, monólogos e música retranqueira.
A entrada é de balde cun límite de aforo de 420 prazas, podes obter máis información nas páxinas web regueifa.gal e valladares.tv.