Curso de introdución a brindos e loias

  • Posted by gzcultura
  • On 3 Marzo, 2020
  • 0 Comments

“Este curso está orientado a todo o alumnado en xeral interesado nas peculiaridades propias destes cantos da montaña luguesa. […] Alén de achegármonos ás raíces desta manifestación poética, repararemos na súa distribución xeográfica e nas súas características propias, como as melodías, a linguaxe, as temáticas ou os procedementos de elaboración dos versos…

Ademais, tentaremos implicar o alumnado na creación de coplas e na aprendizaxe dalgunhas das melodías pertencentes a esta variedade do canto improvisado galego.”

Data: sábado 7 de marzo
Horas: de 16 a 20 h
Lugar: CSC A Trisca. Compostela
Prezo: 30 €
Inscricións e info: matricula@folque.com