A música tradicional Re-vista

  • Publicado por gzcultura
  • En 7 Marzo, 2020
  • 0 Comentarios

O Centro Veciñal e Cultural de Valladares organiza coa colaboración da Deputación de Pontevedra a 8a edición de A música tradicional Re-vista, ao longo de marzo, todas as sesións son de balde e comezan ás 18:45 no auditorio do Centro Sociocultural de Valladares.

O domingo 8 erguerá o telón Tino Baz e a Banda de zanfonas da Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional de Vigo (ETRAD); unha semana despois é a quenda de Rosa Sánchez e Pablo Carpintero, despois das cales actuarán Os erdeiros do morenos de lavadores.

Os melidaos e Oîma amenizarán a velada do xoves 19, mentres que o domingo 22 celébrase a derradeira sesión, con Tradisón e Acordeireta.

Cartaz do evento
 

0 Comentarios

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *