
Roteiro feminista polas rúas de Compostela
- Posted by gzcultura
- On 9 Decembro, 2019
- 0 Comments
O sábado 14 de decembro celebrarase o roteiro feminista polas rúas de Compostela, que pon o colofón ás Xornadas Feministas celebradas no mes de outubro e novembro de 2019, e que fora adiado polo mal tempo.

A cita é na Praza 8 de marzo de Santiago de Compostela a partir das 12 da mañá, e o roteiro estará guiado pola escritora Eli Ríos e a cantante Alba María.
O roteiro incorpora poesía, música e teatro amais do camiño polas rúas máis senlleiras da Compostela feminista.
Para inscribirte só tes que enviar un correo a comunicacion@ogalo.gal.
0 Comments