Asociación Cultural O Galo. Fundada en 1961, esta asociaciòn radicada en Santiago de Compostela está a piques de chegar ao seu 50 aniversario desenvolvendo a cultura galega dende todos os seus prismas.
Roteiros históricos ou naturais, exposicións, feminismo, campañas para visibilizar a cultura galega, o coñecido e o non tan coñecido, como a recuperación do Panteón Real da Catedral de Compostela, e o desenvolvemento de campañas coma a do Prestige son sólo parte do inxente traballo que desenvolve esta asociación.