Ola mundo!

Bienvenido a Galiza Cultura. Esta es tu primera entrada. Edítala o bórrala, ¡y comienza a escribir! leer máis ...
Trata de persoas e violencia sexual: as outras caras da violencia de xénero

O venres, 29 de
novembro, ás 20 horas, Teresa Rodríguez Montañés, ofrece no noso local unha
palestra baixo o título Trata de persoas e violencia sexual: as outras caras da violencia de
xénero.
Falar de violencia de xénero adoita ser equivalente
a falar de mulleres mortas ou maltratadas a mans das súas parellas ou
exparellas. Ese é,... leer máis ...
Visita guiada á mostra “13 Estampas da Traizón”

O próximo xoves 10 de outubro ás 18:15h a Asociación
Musical Solfa realizará unha visita guiada á mostra “13 Estampas da Traizón”
que se exhibe nas salas do Pazo de Fonseca da USC, situado ao remate da rúa do
Franco, preto da praza do Obradoiro..
A exposición está organizada pola Fundación Luís Seoane e... leer máis ...
Ecofeminismo: tecedeiras de redes

Na quarta-feira
27 ás 20 h, María Castelo, politóloga
e activista ecofeminista, e Begonha De Bernardo Minho, engenheira agrónoma e
activista, dentro do ciclo Para estar no mapa do mundo, falarão de Ecofeminismo:
tecedeiras de redes.
Se vermos as
atividades e cuidados necessários para a vida como um fio, as tecedeiras são
todas aquelas que com seus saberes, capacidades... leer máis ...
Centenario da II Asemblea das Irmandades da Fala em Compostela

Para
celebrarmos o centenario da II Asemblea das Irmandades da Fala, na Libraría
Couceiro, o mércores 13 de novembro ás 19.30 horas, o profesor e doutor Emilio
Xosé Ínsua disertará sobre esta efeméride.
A conferencia
xirará arredor do contexto, desenvolvemento e significado da segunda Asemblea
Nacionalista, celebrada polas Irmandades da Fala en Compostela en novembro... leer máis ...
Aberto o prazo de matrícula na Escola de Música de Solfa curso 2019/2020

Do día 12
ao 24 de setembro, de 17.00
a 18.00h atenderemos no Centro Sociocultural
das Fontiñas a todas as persoas que queiran formar parte da Banda de Música ou
Grupo instrumental, Coro de adultos, Pandeireta, Baile tradicional ou recibir
clases individuais de instrumentos: clarinete, saxo, frauta, óboe, bombardino,
trompeta, trombón, percusión, e solfexo durante... leer máis ...
Homenaxe a Antón Fraguas

Lembramos a
Antón Fraguas entre todas e todos, co especial acompañamento do grupo musical
Tundal. O próximo domingo, día 1 de setembro, ás 19 h, no Teatro.
leer máis ...
Encontro poético con Medos Romero

O mércores día 20.11.2019, ás 19:30h na
libraría Couceiro de Compostela, a poeta Medos Romero impartirá una palestra
que se intitula: "Memoria e vivencias: encontro poético con Medos
Romero". Explicará a súa evolución poética, recitará poemas
"inspirados" en feitos relacionados coa guerra civil, coa cuestión
feminina e coa natuleza e, para rematarmos o acto, dialogará... leer máis ...
IV Mostra de Teatro Escolar Olimpio Arca Caldas na Estrada

A
Asociación Cultural Vagalumes organiza a cuarta edición da Mostra de Teatro
Escolar Olimpio Arca Caldas o martes 26 de novembro ás 18:30 no Teatro
Principal da Estrada.
Na Mostra
participarán cinco entidades educativas con cadansúa obra: CEIP Cabada Vázquez
de Codeseda, CEIP Pérez Viondi, CEIP Figueroa, CEIP do Foxo e o Clube de
Lectura do IES... leer máis ...