II Xornadas de Historia de Galiza no Castelo de Moeche

II Xornadas de Historia de Galiza no Castelo de Moeche

  • Posted by Admin
  • On 5 Novembro, 2019
  • 0 Comments

O vindeiro sábado 9 de novembro a Sociedade Cultural Medulio organiza as II Xornadas de Historia de Galiza no Castelo de Moeche.

Nesta segunda edición a palestra principal estará a cargo do profesor da UNED Ramón Sainero, quen falará sobre a relación entre Galiza e Irlanda.

Da parte musical das xornadas encárgase Xoán Padín, que cantará antes da cea de irmandade.

A entrada nas xornadas é de balde, mais para a cea hai que apuntarse nos teléfonos 646 57 11 68 ou 609 56 71 05.