Disponíbel o almanaque 2020 da AC Francisco Lanza

Disponíbel o almanaque 2020 da AC Francisco Lanza

  • Posted by Admin
  • On 14 Decembro, 2019
  • 0 Comments

A Asociación Cultural Francisco Lanza anuncia que o almanaque da asociación para o 2020 xa está listo para recollelo en distintos puntos de Ribadeo.

A foto deste ano está feita por Belén Pérez Teijo e é dun carballo impresionante que forma parte da nosa paisaxe. Leva tamén un texto de Carballo Calero, escritor a quen se lle adica o día das Letras Galegas o ano que vén.

Podedes recollelo nos seguintes estabelecimentos: Na punta do pé, Clip Graf, Deportes Docobo, Gráficas Santiago e Pastelería Candelaria, ou ben pedírnolo, por algún medio, a calquera das/dos membros da asociación.

Poñede un carballo na vosa vida!