ASOCIACIÓNS

Xela Arias e a nova poesía contemporánea: maternidade, feminismo e a nova sociedade

Xela Arias e a nova poesía contemporánea: maternidade, feminismo e a nova sociedade

  • Posted by gzcultura
  • On 10/05/2021
  • 0 Comments

A celebración este ano do Día das Letras galegas 2021 na figura de Xela Arias protagoniza unha nova actividade do noso Club de Lectura.

Xela Arias

Desta volta, o vindeiro sábado 15, ás 18 horas, falaremos do poemario Darío a diario e imos contextualizar a obra dentro da poesía galega contemporánea, e se podemos establecer o grao de influencia que ten a propia Xela en toda a xeración actual de poetas: Pilar Pallarés, Yolanda Castaño, María Xosé Queizán, María do Cebreiro, Luz Pozo, Estivaliz Espinosa etc.

Diario a diario aborda, desde a perspectiva de xénero a maternidade.  Xela Arias pretendeu, con esta obra, explicar ao seu fillo as súas intencións maternas e as contradicións da maternidade. O feminismo, pois, sera o marco latente do debate.

Na poesía galega actual existe toda unha xeración de mulleres que son referentes da nosa cultura. Nos anos 80 e 90 do século pasado a sociedade era distinta e os avances sociais desde aquela teñen mudado moitas cousas.

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *