ASOCIACIÓNS

Voltamos a horta con”Os dados do reloxeiro”

Voltamos a horta con”Os dados do reloxeiro”

Voltamos a horta con”Os dados do reloxeiro”

  • Posted by gzcultura
  • On 23/05/2020
  • 0 Comments

Retomamos as xuntanzas presenciais na horta!!! Embozadas, pero máis faladoras ca nunca. O libro deu pé á conversa e ao debate, xa que foi diversa a valoración xeral desta obra ensaística de Xurxo Mariño. A maiores da escasa motivación que nos supón o formato dixital á maioría de nós, hai que dicir que houbo a quen lle custou lela polo seu contido técnico.

O clube de leitura no horta


No que si houbo concordancia foi no carácter ameno e humorístico da escrita, coa que tan ben cadraban as ilustracións de Xosé Lois. O estilo sinxelo e claro que emprega o autor axústase ben ao obxectivo divulgativo desta serie de textos curtos, cos que é quen de transmitir moita información sobre distintos aspectos do ámbito científico sen esixir grandes coñecementos previos a quen le.




Ás veces, aproveita unha anécdota -cara onde viramos a cabeza para bicar, por exemplo- para explicar unha cuestión considerablemente complexa -o funcionamento do cerebro; noutras ocasións, xa comeza de cheo anticipándonos o tema que vai desenvolver -escasa fiabilidade dos estudos promovidos polas empresas farmacéuticas en relación cos medicamentos que producen- nas liñas iniciais que exercen de sinopse de cada artigo.

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *