Visita guiada pola obra de Castelao
- Posted by gzcultura
- On 27/02/2019
- 0 Comments
- castelao, patrimonio, pontevedra, visita guiada
O próximo 16 de marzo, o Grupo de Patrimonio de Galiza Cultura levará a cabo unha visita guiada ao Museo de Pontevedra co obxectivo de contemplar a obra de Daniel A. Rodríguez Castelao.

Este museo atesoura unha parte significativa da obra do artista e político rianxeiro, con mostras importantes das súas diferentes facetas como debuxante, pintor, caricaturista, ilustrador, autor teatral, etc.
A visita será gratuita debendo desprazarse os asistentes pola súa conta e comunicalo previamente a federacion@galizacultura.gal. A nosa guía será Mª do Pilar García Negro, estudosa desta figura imprescindíbel da cultura galega.
0 Comments