ASOCIACIÓNS

Visita ao Panteón dos Reis e das Raiñas de Galiza

Visita ao Panteón dos Reis e das Raiñas de Galiza

  • Posted by gzcultura
  • On 01/12/2022
  • 0 Comments
  • patrimonio

Nesta pasada terza 29 o noso Grupo de Divulgación Patrimonial participou nunha visita guiada ao Panteón dos Reis e das Raíñas de Galiza, dentro da Catedral de Santiago.

A actividade estivo organizada polas nosas entidades federadas, a Agrupación Cultural O Galo e a Asociación Cultural e Musical Solfa, e máis a Plataforma Vía Galega, coa que estamos a realizar conxuntamente a iniciativa popular para a restauración do texto fidedigno do himno galego e a súa difusión.

O profesor Francisco Rodríguez falando as persoas durante a visita

Esta iniciativa é outra das actividades enmarcadas na campaña dos Símbolos nacionais de Galiza que pretende significar e divulgar a nosa identidade e os símbolos que a acompañan.

A visita, que tivo dúas quendas, e estivo guiada polo profesor, ensaísta e historiador Francisco Rodríguez, membro doutra asociación membro da Federación, a Agrupación Cultural Medulio de Ferrol, e unha das persoas que forma parte deste noso Grupo de Divulgación Patrimonial, fixo un percorrido explicativo do Panteón, achegándonos á figura que hai en cada sepulcro funerario.

O Panteón Real foi un lugar agochado intencionadamente e obrigado a esquecer durante séculos no interior da catedral de Compostela e só grazas á mobilización e unha campaña social guiada pola Agrupación Cultural O Galo, foi reaberto ao público no ano 2003, facendo para o ano que vén, xustamente, 20 anos da recuperación pública deste patrimonio nacional.

As explicacións a preguntas tamén formaron parte do roteiro

Destacar que estas, en realidade, dúas visitas, pois logo ao se realizar dúas quendas puideron participar distintas persoas en ambas, gozaron dunha participación que sobrepasou a espectativa, polo que se evidencia que a necesidade de poñer luz sobre a nosa historia cada vez é máis necesaria e goza dunha alta demanda na nosa sociedade.

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *