
Visita á exposición “Galicia, de Nós a nós”
- Posted by gzcultura
- On 19/10/2020
- 0 Comments
A exposición, que se mantén aberta na Cidade da Cultura, contén algo máis de trescentas pezas arredor da Xeración Nós, xustamente cando se conmemora o centenario da publicación da revista do mesmo nome.
A Federación Galiza Cultura tamén desenvolveu, xa con anterioridade, unha exposición sobre a mesma materia comisariada por Carlos L. Bernárdez e a visita a esta nova serviunos para completar o achegamento a esta Xeración e, tamén, para o contraste na focaxe.
Guiou a exposición María Antonia Pérez, acudindo á visita 23 persoas en tres quendas.
0 Comments