Visita á exposición “DI.VER S.O.S”
- Posted by gzcultura
- On 05/11/2021
- 0 Comments
Nova actividade do Grupo de Divulgación Patrimonial
O noso Grupo de Divulgación Patrimonial desenvolverá unha visita á exposición que organiza unha das asociación federadas, a A. V. e C. Agra do Orzán da Coruña.

Esta exposición de fotografías do proxecto DI.VER.S.O.S., que tiraron Manuel Graña, Natasha San Vicente e Quique Sotillo do barrio da Agra de Orzán, son unha compilación de instantáneas onde quen colle o protagonismo é o cemento no apenas medio quilómetro cadrado no que seconstruíu este barrio da Agra do Orzán na cidade da Coruña e onde viven perto de trinta mil veciñas e veciños, sen parques, sen espazo onde practicar deporte na rúa e sen máis infraestrutura que un mercado.
Por tanto, esté un dos claros exemplos de destrución patrimonial e de desarrollismo acontecido no noso País, e de como non se deben facer as cousas.
A exposición permanece aberta no Centro Social Ágora (Lugar Agramela, 17) desde o día 1 e rematará o día 13, mais imos aproveitar que a Asociación organiza un debate o vindeiro luns día 8 sobre Urbanismo e convivencia, ás 19.30 horas para participar no mesmo.
Por tanto, a partir das 18 horas (quedamos a menos cinco diante da porta principal deste Centro; existe aparcamento xusto diante) realizaremos a visita á exposición guiados polas compañeiras da Xunta Directiva da Agra para que nos amosen eses “espacios pechados” nos que levan vivindo desdes os anos 50 do século pasado, para logo quedar e participar da palestra.
A participación está aberta a todas as persoas que se queiran achegar. Porén lembramos que é necesario cumprir coas medidas de protección individual derivadas da pandemia da Covid-19 polo que se gardará, en todo momento, a distancia de seguridade durante a visita, amais do obrigado uso da máscara de protección.
Vémonos.
0 Comments