ASOCIACIÓNS

Última actividade do 2021 do Club de Lectura: “A semente, a árbore, a froita”

Última actividade do 2021 do Club de Lectura: “A semente, a árbore, a froita”

  • Posted by gzcultura
  • On 03/12/2021
  • 0 Comments

Este ano rematamos o 11 de decembro as actividades do club de lectura cunha obra de ensaio publicada en 2020 da autoría de María Reimóndez: A semente, a árbore, a froita. Ana Pontón en conversa con María Reimóndez.

Desta volta queremos abrir un debate unha conversa pública entre dúas mulleres, unha conversa demorada e, segundo María Reimóndez, “pode que por momentos incómoda”, que nos axuda a comprender quen é Ana Pontón abordando a súa dimensión política dende unha perspectiva íntima, confesional e persoal.

Evidentemente queremos establecer, a través deste libro, un debate político mais tamén un debate reflexivo sobre a muller e as mulleres, a sororidade e como buscan transformar a sociedade desde o ensino, a ecoloxía, a escrita, a arte, o mundo laboral e científico e, por suposto, tamén desde a política. Un debate feminista que pretende por sobre a mesa as contradicións dunha sociedade actual na que aínda segue a recaer o quefacer do privado nas mulleres mentres o seu papel público está a se transformar.

E debate político, tamén, para comprobar como salvo raras escepcións, como a da propia Ana Pontón representa, como o ámbito do público segue a estar maioritariamente protagonizada por homes nos principais postos de responsabilidade e representatividade das organizcións.