ASOCIACIÓNS

Teresa Moure e o seu estudo das linguas na actualidade

Teresa Moure e o seu estudo das linguas na actualidade

  • Posted by gzcultura
  • On 12/07/2021
  • 0 Comments

O libro da monfortina Teresa Moure, publicado o ano pasado Linguística Eco-O estudo das línguas no Antropoceno será a próxima cita do noso Club de Lectura. E desta volta con especial atención ao decorrer regresivo que existe en determinadas linguas hoxe en día na nosa sociedade.

O término de nova cuña, o “Antropoceno”, referido ás repercusións que teñen, tanto no clima como na biodiversidade a rápida acumulación de gases de efecto de invernadoiro e os seus danos irreversíbeis polo consumo excesivo de recursos naturais, formúlase na obra como, tamén, aplicábel ás linguas minorizadas. Velaí o debate. Exite un efecto invernadoiro para determinados idiomas? Existe unha sistemática e dañina perda de falas provocado pola imposición consumista desmedida e mononucleizadora?

O vindeiro sábado 17 de xullo, a partir das 18 horas teremos esta actividade a respecto dunha obra cualificada polo propio autor do prologo, Juan Carlos Moreno Cabrera, como uma obra de divulgação linguística arquitetada por uma pessoa competente na matéria e, o que também é muito importante, comprometida com a defesa da diversidade e da riqueza linguística, sem esse compromisso implicar qualquer desvio que deforme ou selecione apenas uma parte da realidade linguística que possa cientificamente ser observada por qualquer pessoa que tenha a capacidade e interesse suficientes para o fazer.

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *