Saleta Goi en Manuel María
- Posted by gzcultura
- On 21/10/2022
- 0 Comments
- Club de Lectura
Aínda conmociondas e conmocionados polo pasamento de Saleta Goi, referente da nosa cultura, colaboradora incansábel da nosa Federación e do noso tecido cultural en xeral, queremos, coma non, renderlle homenaxe no noso Club de Lectura.

Deste xeito, o vindeiro sábado 29, a partir das 18 horas, queremos rescatar toda a influencia exercida na obra do seu compañeiro de vida, Manuel María e, mesmo, recoñecida polo propio autor.
Pois logo, a través da obra do poeta de Outeiro de Rei achégasenos unha intimidade persoal na que se debulla a grande influencia que tivo Saleta na súa vida e que deu lugar a unha viaxe de camadería compartida durante os 45 anos que estiveron xuntos.
Queremos pois, lembra a Saleta nesta sesión coma homenaxe mais tamén recuperando todos os momentos que xunto a Manuel María quixeron ofrecernos e como foi construída unha poesía coral que forma parte xa da historia da nosa literatura.
Sera unha actividade moi emocionante e que agardamos estea a altura da nosa Saleta.
0 Comments