Retómase o club de lectura con Carvalho Calero
- Posted by gzcultura
- On 12/03/2021
- 0 Comments
Após as restriccións obrigadas a tomar pola pandemia mundial da Covid-19, retómase a actividade presencial do Club de Lectura aproveitando a xornada que imos realizar o día 25 deste mes para reivindicar a figura de Carvalho Calero.

Deste xeito, na vindeira quinta 18, a partir das 20 horas, e escepcionalmente fora do horario habitual dos sábados, analizaremos a vixencia da conferencia titulada Situaçom presente e orientaçom futura dos problemas gerais da nossa língua que Carvalho Calero realizou o 20 de abril de 1986 e que está editada pola Mesa pola Normalización Lingüística.
Lembrar que imos tomar todas as medidas de seguridade para poder realizar a actividade polo que só poderán participar 15 persoas.
Cada dous meses, se a situación o permite, iremos dando continuídade á actividade incorporando obras de distintas autoras e distintos autores das nosas letras, trando de poñer no contexto social actual estes escitos e a vixencia dos mesmos.
Tamén apuntar que se estás interesada ou interesado en comentar algunha obra en especial non dúbides en facelo saber para facer a actividade.