
Rematamos o verán con “O Hibisco púrpura”
- Posted by gzcultura
- On 18/09/2020
- 0 Comments
Con esta obra retomamos as xuntanzas do Clube de Leitura, despois da paradiña do verán. Comentamos O hibisco púrpura de Chimamanda Ngozi e Todo canto fomos de Xosé Monteagudo.
Primeiro debullamos a obra da autora nixeriana, que co seu relato achegounos á realidade dun país do que case non tiñamos referencias. A orixinalidade da perspectiva narrativa e a universalidade de boa parte dos temas principais desta novela, que reflicte experiencias vitais tan próximas as nosas, sorprendéronos moi gratamente.
Latexa nas súas páxinas a denuncia das relacións familiares opresivas, da duplicidade moral asociada ao fanatismo relixioso, da corrupción endémica e do abuso do poder, do desprezo da cultura propia por considerala inferior a outra que é allea… Porén, ata neste contexto hostil, hai diversas maneiras de enfrontarse ao día a día, tanto no ámbito das relacións persoais como no ámbito cultural e sociopolítico, e iso osixena esta historia durísima, pois os personaxes principais son quen de virar o rumbo do seu destino.
0 Comments