ASOCIACIÓNS

O Vello Cárcere anima a cuarentena

  • Posted by gzcultura
  • On 18/03/2020
  • 0 Comments

A xente de O Vello Cárcere de #Lugo anda a traballar arreo na seguinte “Programación VIRTUAL” polo COVID-19

Toma boa nota:

✅ Todos os días haberá un obradoiro online que achegue a toda a familia as nosas exposicións temporais ou permanentes.

✅ Asemade, ofreceremos contacontos en liña cun pequeno concurso tras o mesmo, para que @s máis peques da casa poidan descubrir os fondos do centro nestes días.

✅ Por último, teremos tamén o pracer de irvos descubrindo a historia do edificio a través de diferentes partes do mesmo das que vos iremos falando polas nosas redes.

Todas estas actividades realizáranse do modo máis interactivo posible. Animámosvos a participar e disfrutar connosco dende O Vello Cárcere!