O IX Convivio da Cultura galega será o vindeiro 9 de xullo
- Posted by gzcultura
- On 10/06/2022
- 0 Comments
Galiza Cultura ultima, xa, as preparacións do que será o IX Convivio da Cultura galega.

Como en anos anteriores a Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei acollera esta festa da cultura galega que organizamos máis de 20 entidades culturais espalladas por todo o país. Deste xeito, este IX Convivio da Cultura ten previsto celebrarse para o vindeiro 9 de xullo e está a berto as entidades organizadoras e ás súas persoas socias, ademais de a todas aquelaoutras persoas que queirasn participar e gozar dunha xornada festiva e de festa, co obxecto de contar coa máxima participación de quen quixer.
Como se vé no cartel, que achegamos nesta mesma páxina, será unha xornada completa, con diversas actividades, incluída unha actividade interna na que as distintas asociacións teremos a reunión para articular traballos en común, e prevista para as 12.15 horas.
Ofrenda, como non, a Manuel María, actuacións, xantar e unha foliada completan unha xornada intensa na que animamos participar a todo o mundo.
Vémonos o 9 de xullo en Outeiro de Rei.
0 Comments