ASOCIACIÓNS

O día do libro no país dos libros: 23 de abril

O día do libro no país dos libros: 23 de abril

  • Posted by gzcultura
  • On 12/04/2022
  • 0 Comments
  • Club de Lectura

Coincidindo que este sábado 23 é o Día do Libro, o noso o club quere realizar unha sesión do “libro aberto”, na que cada quen traerá o seu libro favorito e escollera unha pasaxe do mesmo para facer unha lectura publica para a continuación falar do por qué é este.

Deste xeito, e librándonos do corsé que supón moitas veces o escoller unha sesión acaída, damos a oportunidade de compartir entre todas e entre todos aquelas obras que, por calquera razón, convertíronse nalgún momento nunha referencia na nosa vida.

A unica condición que poñemos, para organizar axeitadamente a sesión, e que o texto escollido non dure máis de 5 minutos, pois logo teremos que explicar estas motivacións á escolla e non queremos que a tarde se nos vaia á noite. Tamén, e en función das persoas que participemos, teremos preparado algún texto referencial da nosa literatura contemporánea, comezando por algún poema do propio Manuel María, xeito de lle agradecer á súa Fundación a colaboración que sempre está disposta nos ofrecer.

Lembra, o vindeiro sábado 23, desde as 18 horas na sala auxiliar da Casa-Museo.

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *