
O clube de leitura analiza “As estacións do lobo”
- Posted by gzcultura
- On 11/01/2020
- 0 Comments
Aínda que a proposta de lectura era As estacións do lobo de María Reimóndez, outras historias precedentes desta saga “ouvearon” tamén con forza alí. En vías de extinción -orixe do ciclo- eAs cousas que non queremos oír -cuarta entrega, parcialmente ambientada en Vilalba- foron as preferidas como lectura complementaria.
O universo narrativo destas novelas constrúese ao redor dun grupo de personaxes que van entrecruzándose e fiando unha rede afectiva entre elas; cada volume ten unha protagonista diferente e unha trama argumental independente, o que permite a lectura “por solto”. Porén, a suma de todas ofrece unha caleidoscópica imaxe de conxunto.
As estacións do lobo gustou, mesmo a quen tivo os seus máis e os seus menos coa personalidade de Clara, que non é Gaia, por suposto. Ningunha outra personaxe o é: Gaia só hai unha. No “Ciclo dos elementos” latexa a súa perigosa mensaxe transformadora: “Serás a semente que ti decidas ser”.
0 Comments