ASOCIACIÓNS

Nova actividade do Club de Lectura: “Notas sobre a extinción” de Marta Dacosta

Nova actividade do Club de Lectura: “Notas sobre a extinción” de Marta Dacosta

  • Posted by gzcultura
  • On 27/09/2021
  • 0 Comments

Aproveitando a VIII edición do Convivio da Cultura Galega que celebraremos o vindeiro sábado 2 de outubro, unha das actividades programadas que fará un aparte durante o evento será o Club de Lectura que, deste xeito, tamén se sumará a escaleta da xornada.

Así, logo, o libro escollido para esta actividade será a obra poética Notas sobre a extinción, de Marta Dacosta de moi recente publicación. Ao inxerirse dentro de toda a xornada de actividades, a formulación será distinta, xa que logo non pretende interferir cos demais actos, nomeadamente coa actuacción prevista de Jasper e Nébeda que pon fin á xornada, e iniciará contra as 16 horas, parella a actividade que as organizacións teñen prevista nese intre e que servira para a presentación de iniciativas entre todas as entidades, baixo o lema “Compartir traballos, rendabilizar esforzos”.

Por outra banda, na vez de desenvolver un debate, como temos realizado nas actividades anteriores deste ano (coas actividades relacionadas coas obras de Carvalho Calero, de Xela Arias e de Teresa Moure, respectivamente), desta volta, e ao ser unha obra de poesía, realizaremos un recitado daqueles poemas que máis nos gusten ou mesmo queiramos destacar no encontro.

Desta votanon fai falla apuntarse ao se celebrar a VIII edición do Convivio puidendo participar todas e todos os que queiran, sempre cumprindo as medidas mínimas de seguridade derivadas da pandemia da Covid-19.

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *