ASOCIACIÓNS

Medulio e Galiza Cultura levan a Ferrol a obra de Manuel Lourenzo

Medulio e Galiza Cultura levan a Ferrol a obra de Manuel Lourenzo

Medulio e Galiza Cultura levan a Ferrol a obra de Manuel Lourenzo

  • Posted by gzcultura
  • On 24/02/2023
  • 0 Comments
  • Manuel Lourenzo

Esta cuarta 1 de marzo, a Sociedade Cultural Medulio e a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura presentan en Ferrol a obra completa de Manuel Lourenzo editada pola propia Federación.

Manuel Lourenzo

Deste xeito, na Capela Torrente Ballester (rúa Concepción Arenal, s/n), desde as 19.30 horas, o actor, director, dramaturgo e grande mestre do teatro galego durante os últimos 60 anos participará na presentación dos volumes, compendio de máis de trescentas obras producidas, realizadas, dirixidas e, mesmo, creadas por el e que son, grazas a esta edición, accesibeis á sociedade galega en xeral, ao sector dramático, cultural e educativo, de xeito particular.

Aliás, a presentación servirá, tamén, para facer unha lectura de dúas das súas pezas teatrais curtas, ‘As Amigas’ e ‘A Terraza’, que completarán a actividade logo de establecer un diálogo co Manuel Lourenzo.

Desde Galiza Cultura agradecemos, como non podería ser doutro xeito, á Sociedade Cultural Medulio, que tamén fai parte da Federación, ser anfitrioa da actividade, a implicación no proxecto de divulgación e proxección pública do compendio da obra de Manuel Lourenzo e o seu traballo na difusión e espallamento desta.

Do mesmo xeito lembrar, que a creación desta obra, que en total suma 7 volumes, non se podería ter ralizado sen a axuda da Área de Cultura da Deputación da Coruña.

Cartel da actividade

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *