Lugo acolle a exposición “Nós de onte a hoxe”
- Posted by gzcultura
- On 25/02/2020
- 0 Comments
A exposición Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia, chega o vindeiro 2 de marzo ao Museo Provincial de Lugo, a presentación será a partir das 20:00.

No acto participarán Tareixa A. Ferreiro Tallón, vicepresidenta da Deputación Provincial de Lugo; Carlos L. Bernárdez, comisario da exposición; Pilar García Negro; Mª Antonia Pérez; Alberte Ansede, Encarna Lago e Aurelia Balseiro.
A exposición leva dende decembro do 2019 percorrendo as vilas galegas cun itinerario histórico cos principais persoeiros da Xeración Nós: Vicente Risco, Castelao, Ramón Otero Pedraio, Ánxel Casal… con atención especial á figura de Ricardo Carvalho Calero, persoeiro homenaxeado no próximo Día das Letras Galegas 2020, testemuña excepcional desta época e estudoso da obra do Grupo Nós.
A exposición, que conta co apoio da área de cultura da Deputación da Coruña, estará no Museo Provincial de Lugo até o vindeiro 1 de abril.