Homenaxe as vítimas da represión franquista
- Posted by gzcultura
- On 11/07/2019
- 0 Comments
- franquismo, homenaxe, memoria, san simón, vilaboa
A Federación Galiza Cultura organiza en colaboración coa A.C. O Galo e a Iniciativa Galega pola Memoria unha homenaxe ás vítimas da represión franquista o vindeiro 21 de xullo na illa de San Simón.

Ás 11 da mañá comezaremos unha visita guiada á illa de San Simón, despois da cal desenvolverase o acto central de homenaxe na illa de Santo Antón coa participación de representantes de tres asociacións de Iniciativa Galega pola Memoria, cunha ofrenda floral para rematar o acto.
Pola tarde continúan as actividades no concello de Vilaboa, cunha visita guiada á mámoa do Rei e logo á torre de Cotorredondo para ollar a vista panorámica das rías de Pontevedra e Vig;, a visita continuará cara a capela de Santa Marta en Bértola e á ponte de Rial, onde o guía tamén nos explicará o ritual do Pasteco.
0 Comments