ASOCIACIÓNS

Galiza Cultura gozou o IX Convivio da Cultura Galega

Galiza Cultura gozou o IX Convivio da Cultura Galega

Galiza Cultura gozou o IX Convivio da Cultura Galega

  • Posted by gzcultura
  • On 10/07/2022
  • 0 Comments

Xornada de festa mais tamén de traballo a vivida onte en Outeiro de Rei.

A Casa-Museo Manuel María acolleunos, doutra volta, no IX Convivio da Cultura galega. E entre as máis 20 entidades que hoxe conformamos a Federación aproveitamos para poñer en comun proxectos e gozar dunha festa xa tradicional.

Benvida á Casa-Museo

Comezamoa cedo, primeiro cunha benvida dos Birloque Gaiteiros ás 11 horas para logo, ás 11.45 realizar a cumprida ofrenda a Manuel María no cemiterio de Outeiro, continuada coa actuación da banda de música Sons e Soños, de Rábade, Begonte, Outeiro e Friol, dirixida por Armando Morales e acompañada da voz de Uxía, e máis celebrar unha reunión das entidades que conforman a Federación onde puxemos en comun traballos e obxectivos.

Reunión de traballo das entidades

A seguir houbo o xantar de confraternidade, que deu pé á foliada, na que participaron os grupos Parabéns, Xurxo Souto e Richi Casás, Tradivivas Agra, Birloque Gaiteiros, Arinhos do Fiouco e Foliadeir@s do Castro. Unha festa que estivo conducida por Xurxo Souto. O dia acompañou e todas as persoa participantes, despois de dous anos condicionados pola pandemia da Covid-19, puidemos participar dun dos convivios máis agardados dos últimos tempos.

Como diría o condutor da foliada… MEDRE A CULTURA GALEGA!

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *