ASOCIACIÓNS

Galiza Cultura condena as declaracións do presidente da Xunta e o Conselleiro de cultura contra o galego

  • Posted by gzcultura
  • On 13/11/2020
  • 0 Comments
Cartaz da manifestación virtual organizada pola Mesa, que foi Trending Topic no estado.

Desde a Federación de Asociacións Culturais “Galiza Cultura” queremos expresar a nosa condena polas declaracións do presidente da Xunta e do Conselleiro de Cultura contra o noso idioma. A súa saída na defensa do Español como lingua ameazada polo actual goberno do Estado co fin de prestarse aos intereses partidistas dos seus xefes na capital é un insulto á nosa dignidade como país con lingua de seu, que si realmente está ameazada e prohibida no ensino polo propio goberno autónomo. Por enriba empregan a actual crise sanitaria que tan tráxicas consecuencias está a ter como escusa para arremeter contra un suposto xesto a prol do galego. Botando ao lombo da nosa lingua tamén a culpa dunha epidemia e da falla de recursos e accións eficaces para combatela, algo no que quen isto fai si ten certa responsabilidade.

Se ben é falso que o goberno español lexisle a favor da normalización da nosa lingua o que si é un feito é a actual lexislación do goberno galego prohibindo o seu emprego nas materias científico-técnicas no ensino. Como é as consecuencias na redución de falantes e no aumento do descoñecemento da nosa lingua entre a mocidade. Os datos están aí e son froito da política lingüicida do Sr. Feixoo.

Desde o asociacionismo cultural galego consideramos que un país teña como presidente a un inimigo do seu idioma é mostra de que é un país con ben pouca autoestima e indica o moito traballo que nos queda por facer a todas e todos os que lle queremos para que se queira a si mesmo e se libre de darlle poder a persoas que o odian e o desprezan.

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *