ASOCIACIÓNS

Francisco Fernández del Riego e Galaxia: a literatura moderna en Galiza. Escolma de textos publicados

Francisco Fernández del Riego e Galaxia: a literatura moderna en Galiza. Escolma de textos publicados

  • Posted by gzcultura
  • On 08/05/2023
  • 0 Comments
  • Club de Lectura

Francisco Fernández del Riego, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas de 2023, centrará a próxima actividade da nosa sala de lectura.

A editorial Galaxia, coa súa colección Fernández del Riego, ofrécenos unha posibilidade magnifica de poder achegarnos á súa obra, tanto a anterior á Guerra Civil, coa compilación de artigos que se recollen en Loitando pola Galiza que non foi. Artigos e conferencias. 1932-1936, de edición de Xusto Beramendi, como a toda a obra realizada durante a Ditadura e, xa logo, na última etapa da súa vida, nomeadamente O río do tempo. Unha historia vivida ou Camiño andado.

Fernández del Riego pode ser unha das personaxes galaegas máis descoñecidas da historia literaria de Galiza, ao tempo de ser o grande impulsor, na sombra, doutros autores nun tempo onde escribir (mesmo pensar) en galego estaba prohibido. E coma a tantas outras grandes personaxe quizais foi, despois da súa morte, cando se lle comeza a dar ese valor engadido merecente de lle dedicar o Día das Letras.

É por iso, pola súa descuberta, polo que a próxima actividade programada será para cos seus textos, que prevémola para o vindeiro sábado 20 de maio ás 17 horas, nunha das salas da Casa-Museo Manuel María.

Agardámoste para entón.

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *