ASOCIACIÓNS

Florencio Delgado Gurriarán e Valdeorras infinda

Florencio Delgado Gurriarán e Valdeorras infinda

  • Posted by gzcultura
  • On 20/05/2022
  • 0 Comments
  • Club de Lectura

Antes do parón estival, provocado máis ben por concentrármonos nas actividades que imos desenvolver en xuño e xullo, e como vimos facendo nos últimos anos, o Club de Lectura dedica na contorna do Día das Letras galegas a súa sesión á persoa que a Real Academia Galega homenaxea cada ano na data. E aproveitando a colleita de poemas a través de vinte anos de traballo do propio Florencio Delgado Gurriarán ‘Galicia infinda’, editado por Galaxia, imos facer unha aproximación á obra do valdeorrés.

Mais tamén aproveitaremos para aprofundar no seu compromiso con Galiza, a súa participación nas irmandades da Fala e as súas responsabilidades no Partido Galeguista previas ao seu posterior exilio, acabada a Guerra Civil, no que tivo mantivo activo o seu compromiso político, vinculado a Castelao e ao Consello de Galiza, foi representante de Galiza na delegación de Galeusca en México e un dos fundadores do Padroado da Cultura Galega neste país.

Esta sesión do club de lectura vaise celebrar o vindeiro sábado 28, antes do concerto de Samuel Diz e Faia Díaz que nos ván ofrecer na Casa Museo Manuel María, polo que a previsión de comezo será ás 18 horas.

Vémonos para ese sábado.

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *