ASOCIACIÓNS

Febreiro, o mes de Rosalía

Febreiro, o mes de Rosalía

  • Posted by gzcultura
  • On 13/02/2023
  • 0 Comments
  • Club de Lectura

Como facemos todos os anos, o inicio das sesións da aula de lectura da Federación ten como protagonista a Rosalía de Castro neste mes de febreiro. Deste xeito prográmase para o vindeiro sábado 25 unha relectura concreta, desta volta, de Cantares gallegos, a primeira obra integramente en galego da poeta, e que marca o inicio do denominado Rexurdimento pleno.

Publicada en en 1863 na imprenta de Juan Compañel de Vigo, non é sen intención esta relectura pois, aínda que nunca chegou a datarse exactamente a data da publicación, a propia Rosalía, coa dedicatoria que realizou no libro, datada o 17 de maio, daba pé a que Francisco Fernández del Riego, homenxeado este ano, propuxera á Real Academia Galega, a fixación do día e mes para a celebración das nosas letras, feito que acontece desde 1963, e coa propia Rosalía.

A Casa-Museo Manuel María volve acoller estas sesións, que serán ás 17 horas, e aproveitamos para vos informar que nesa mesma data haberá nas súas instalacións o concerto do grupo De Ninghures, a partir das 20 horas, que presentarán o seu último traballo, e ao que nos convidan a participar desde a Fundación.

Agardámosvos para ambas actividades o sábado 25. Vémonos.

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *