
Encontro Nacional de San Simón
- Posted by gzcultura
- On 21/07/2020
- 0 Comments
Un ano máis a Federación Galiza Cultura participou, conxuntamente con outros colectivos, neste encontro que anualmente se celebra na illa de San Simón co fin de loitar pola reparación das consecuencias da represión Franquista, a denuncia da impunidade e a garantía da non repetición de feitos semellantes.
Nun acto marcado pola crise sanitaria, que obrigou a limitar a presenza na illa de trinta persoas en ten representación dos diferentes colectivos memorialísticos do país. Na lectura final do manifesto resaltouse que “as leis vixentes contra o racismo, o machismo, a homofobia e outras formas de discriminación, son burladas constantemente por estes grupos fascistas baixo a escusa da liberdade de expresión e doutros dereitos que, precisamente, eles pretenden conculcar”.
E, nese senso, alertouse de que a ultradereita “perverte a linguaxe coa fin de furtar o debate e o contraste pacífico de pareceres ao baleirar os termos de contido para presentar aos opresores como oprimidos e así xustificar os seus ataques contra os máis débiles: as minorías, os excluídos, que son presentados como unha ameaza que debe ser erradicada”. En resumo, amósanse “como vítimas do autoritarismo da retórica do politicamente correcto para defender un totalitarismo auténtico e efectivo.
0 Comments