Dereito a saber. Liberdade de investigar e divulgar
- Posted by gzcultura
- On 06/02/2020
- 0 Comments
O próximo xoves, 13 de febreiro de 2020, o Vide Vide acollerá a partir das 20:30 a palestra Dereito a saber. Liberdade de investigar e divulgar, organizada pola Asociación Cultural O Galo, integrante da Federación Galiza Cultura, a cargo de Antón Mascato.

Mascato é o autor do libro Atila no Grove. Crónica política e Memoria da masacre (1923-1948), na palestra tamén intervirán os historiadores Lourenzo Fernández Prieto, Carlos Méixome e Suso Domínguez, como representante da A.C. O Galo.
Atila no Grove. Crónica política e Memoria da masacre (1923-1948), é a historia política do período máis convulso da vila do Grove, aínda que trascende a memoria local para converterse nunha crónica extrapolable a calquera outra comunidade.
Atila no Grove é tamén unha homenaxe ao vitimario do fascismo neste porto da Arousa e unha denuncia das maneiras violentas que empregaron os perpetradores, que se completa cunha relación das vítimas e a referencia dos seus verdugos.
0 Comments