ASOCIACIÓNS
Convocada a 7ª edición do Convivio da Cultura Galega

Convocada a 7ª edición do Convivio da Cultura Galega

  • Posted by gzcultura
  • On 17/09/2020
  • 0 Comments

O vindeiro 26 de setembro celebrarase a 7ª edición do Convívio da Cultura Galega en Outeiro de Rei, organizada dende a Federación Galiza Cultura conxuntamente coa Casa-Museo Manuel María.

Nas edicións anteriores viñamos celebrando este encontro no segundo sábado do mes de xullo mais, por mor da pandemia, decidimos adialo até o próximo sábado día 26 de setembro.

A xornada desenvolverase cunha programación que poida garantir a seguridade das persoas asistentes. En función diso o CONVÍVIO desenvolverase co seguinte horario:

11:15 h.: Chegada a Outeiro e traslado ao cemiterio
11:30 h.: Ofrenda a Manuel María no cemiterio de Outeiro
12:00 h.: Encontro das entidades culturais pertencentes a Galiza Cultura coa seguinte orde do día:

• O estado da cultura nacional e o papel do asociacionismo de base no actual contexto.
• Celebración das Letras Galegas 2021
• Desenvolvemento da programación de Galiza Cultura para o presente ano e propostas para
o 2021

14:00 h.: Xantar (temos espazo cuberto no caso de chuvia). Cada quen trae a súa comida.

16:00 h.: Actuación de Quico Cadaval.

Por mor do protocolo de seguridade, cómpre que confirmedes a vosa asistencia a
federacion@galizacultura.gal.

Cartaz do evento

0 Comments

7º Convivio da Cultura Galega. Quico Cadaval este sábado, ás 16 hrs, con “O complexo de Edipo”, na Casa-Museo Manuel María | Culturalia GZ
[…] Manuel María organizan para este sábado, 26 de setembro, unha nova edición, a sétima, do Convivio da Cultura Galega, en Outeiro de Rei da Terra […]

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *