ASOCIACIÓNS

Continúa o Ciclo de Proxeccións Internacionalistas

  • Posted by gzcultura
  • On 20/02/2020
  • 0 Comments
  • ciclo, cine, coruña, Cuba

Este 27 de febreiro chega a quinta xornada do Ciclo de Proxeccións Internacionalistas, organizado pola A.C. Alexandre Bóveda -integrada na Federación Galiza Cultura-, Mar de Lumes (Comité Galego de Solidariedade Internacionalista) e a Marcha Mundial das Mulleres.

Nesta ocasión, o filme que se proxectará é Cubanas: mulleres en revolución, co cal analizaremos o papel das mulleres na sociedade cubana, desde a Revolución até a actualidade.

Este documental está dirixido por María Torrellas e asinado no 2018. Para o debate contaremos con unha representación do Consulado de Cuba na Galiza.

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *